miércoles, 30 de marzo de 2011

Situacion legal da Casa das Atochas.

A Audiencia Provincial admite a trámite o incidente de nulidade plantexado pola Casa das Atochas contra o auto de 23 de febreiro. No escrito plantexamos que ese auto, que convalidou a orde de desaloxo dictada polo Xulgado de Instrucción número 5 mediante providencia inmotivada no mes de novembro, é nulo debido a que esta providencia non estaba axustada a dereito e a resolución da Audiencia non respondeu ás nosas alegacións.
O día 24 de marzo a Audiencia Provincial dictou unha providencia, notificada o 28 de marzo, na que manda darlle copia do noso escrito ás partes (ministerio fiscal, promotora inmobiliaria e nós mesm*s) para que no prazo de cinco días:
1. se presenten alegacións sobre a nulidade da medida cautelar.
2. se presenten alegacións sobre a suspensión da execución da medida.

A mesma providencia pódese recurrir no prazo de tres días.
O mesmo día 24 a Audiencia dictou outras dúas resolucións, notificadas o 29 de marzo:
1. Unha providencia na que se admite formalmente a trámite o incidente de nulidade plantexado, se conceden cinco días para alegacións e tres para recurrir a providencia en sí.
2. Un auto da mesma data, sorprendente, na que se deniega a suspensión da execución da medida cautelar, e se di que non cabe recurso contra esta decisión.

Deste xeito o incidente de nulidade está pendente das alegacións e decisións da Audiencia Provincial.
Sería lóxico que o Xulgado de Instrucción número 5 suspendese a execución do desaloxo mentres non se decida o incidente.
Existen simultáneamente dúas resolucións da mesma data sobre a cuestión da suspensión, a segunda restrinxindo os dereitos de alegar e recurrir recoñecidos na primeira, sen aportar motivación ningunha para esta limitación. É evidente a situación de desamparo que se nos ocasiona. Temos intención de recurrir para que se suspenda a execución e discutir con plenas garantías a nulidade da medida cautelar, incidente de nulidade admitido a trámite pola Audiencia Provincial.

AVANTE A CASA DAS ATOCHAS.