lunes, 15 de noviembre de 2010

POÑAMOS FIN A REPRESIÓN DA DITADURA MARROQUI

SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUI

A ditadura marroquí, coa complicidade das institucións internacionais ONU e Unión Europea e a posición dos diferentes gobernos do estado español de non cumprir ca responsabilidade que como potencia descolonizadora teñen, está levando a cabo un xenocidio contra o pobo saharaui.

Asasinatos, detencións, torturas e desaparicións de detidos, esta na orde do día nesta espiral de violencia desatada por Marrocos que usurpa desde hai máis de 35 anos un territorio que nunca lle pertenceu e nin a ONU lle recoñece.

É precisa a solidariedade para parar este xenocidio, e tentar levar ós culpables diante dos tribunais internacionais.

O actual goberno do estado español, non pode seguir escondendo as súas responsabilidades e debémoslle esixir que actúe con determinación diante dos organismos internacionais e que defenda, tamén neste caso, os dereitos humanos que se están a conculcar pola sanguenta ditadura do monarca alauita.

APOIA A MANIFESTACIÓN QUE SE VAI CELEBRAR EN LUGO O PRÓXIMO DÍA 22, E QUE SALIRÁ ÁS 20 HORAS DE DIANTE DA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA PRAZA DE ARMAÑÁ.

SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUI

ABAIXO A DITADURA MARROQUI

POLA CREACIÓN DUN ESTADO SAHARAUI

SOLIDARIDADE CO SAHARA




e tamen...

* Mércores 17 Novembro 20:00h--->Concentración praza da Milagrosa
* Xoves 18 Novembro20:00h--->Concentración diante dos sindicatos(coincidindo coa manifestación da CIG)
*Venres 19 Novembro 20:00h--->Concentración diante do Ayuntamiento de Lugo