martes, 31 de marzo de 2009

A.C.A.B


Perante as detencións sufridas polos companheiros, BAF Lugo quere amosar a súa máis firme condena contra este abuso sufrido por parte das Forzas de choque do Estado Espanhol.

Asemade denunciamos a manipulación mediática á que de novo foron expostos os detidos que son tratados como "radicais" para encher ocos nos espazos deportivos destinados ó anecdotario correspodente. Observamos como a Policia actúa de novo con co dobre raseiro segundo sexan as persoas diante das que se atopan, sobre as que exercen un control sistemático durante os partidos como vimos observando nos últimos tempos. Mentres catros dos nosos eran conducidos a dependencias policiais sen que os susoditos efectivos se identificaran ante as persoas detidas, pola outra banda membros do grupo ultra espanholista Frente Norte conseguiron sair impunes das súas provocacións como adoita pasar con todo este tipo de grupos.

Dende aquí pedimos que as forzas de seguridade como se fan en chamar abandoen as nosas gradas, non precisamos cans gardiáns que mantenhan unha orde mediada coa forza das porras, non queremos que destrozen o ambente de compromiso e amor a unhas cores que representa Brigadas Lucenses, estamos fartos de imposicións e vixilancia policial, eses mesmos que son servos do poder e das institucións que practican o exercicio da súa propia democracia censurando e facendo gala dun fascismo latente sobre todos aqueles que desafiamos a orde estricta que nos imponhen.

O que comezara como unha xornada de futbol e diversión, así mesmo de confraternización con algún seguidor da Ponferradina desprazado até Lugo cos que se estivo até a hora do partido , tivo un fin indesexado. Así dende aquí dar o noso apoio incondicional ás dúas rapaces e dous rapaces detidos, e animámolos a continuar coa loita da que son represantes directos.
Solidaridade cos detidos! Non pasarán! STOP AGRESIÓNS POLICIAIS!

sábado, 28 de marzo de 2009

Concentracion AntiCapitalista

Nace a Rede Anticapitalista Galega (Ra!) para transformar un sistema que está a esmagar a humanidade e o planeta

Diversos colectivos galegos e persoas a titulo individual únense para respostar a unha crise sistémica e dar alternativas de transformación dende unha óptica galega. O 28 de marzo terá lugar a presentación da Ra! en actos descentralizados por Galiza e nun acto central en Compostela (Praza do Toural, ás 12:00 horas) que resposta tamén ao cumio do G20 en Londres

En Lugo: Sábado, 28 de Marzo, ás 11:30 na Praza Maior. Realizarase unha concentración- teatralización na que se repartirá información sobre a RA!

O mundo enteiro está en crise, unha crise de dimensións múltiples. As solucións que impoñen dende o poder –máis libre comercio, cartos públicos para rescatar os bancos, o sector automobilístico e inmobiliario, máis oligopolios, máis transxénicos, etc.– tratan de agachar que a crise é produto do sistema capitalista, que só afondará os seus impactos sobre os pobos, as persoas e sobre o conxunto do planeta.

Para respostar a está situación no noso país nace a Rede Galega Anticapitalista, a Ra!, que este 28 de marzo, coincidindo coas mobilizacións globais contra o cume do G20 en Londres, fará a súa presentación pública en Compostela (Praza do Toural, ás 12:00 horas) e noutros lugares do páis. Para os colectivos da Ra! “A esquerda institucionalizada abandonou hai tempo os programas de transformación social. Somos os movementos sociais quen temos que reaxir diante da incertidume”.

A RA! manifesta deste xeito a súa diposición a artellarse con outras mobilizacións globais, como a que terá lugar ese mesmo día en contra da xuntanza do G-20 en Londres, baixo o lema, “Decídelle ao G-20 que primeiro é a xente”. O 17 de abril, Día Internacional da Loita Labrega e pola Soberanía Alimentar dos Pobos, desenvolveránse novas protestas orientadas a concienciar e informar á cidadanía e a presionar aos poderes políticos para que emprendan cambios reais. Este sistema non nos vale.

Quen forma a RA!
A RA! agromou en decembro de 2008 axudada polas reflexións do Foro Social Galego. Están integrados os seguintes colectivos: Altermundo, Amarante, A Baiuca Vermelha, Cemma, CGT-Pontevedra, CGT-Arousa, CIG-Servizos, Enxeñeiros Sen Fronteiras, A Gentalha do Pichel, Implicadas no Desenvolvemento, Médicos do Mundo, Marcha Mundial das Mulleres, Ospaaal, Foro de Inmigración, Panxea, Ais O Peto, Sindicato Labrego Galego, Sinerxia, Verdegaia, Véspera de Nada, Veterinarios sen Fronteiras, Whipala e A.C. Xermolos.

+INFORMACIÓN: A páxina web da Ra! está en proceso de creación. Para integrarse na rede abonda por agora enviar unha petición á listaxe: redeanticapitalista@altermundo.eu

miércoles, 25 de marzo de 2009

Asemblea Constituinte

Ó redor das 21:00, tal e como se quedara, daba comezo a xuntanza que tiñamos previsto convocar para por a andar do xeito máis ilusionante posible o novo proxecto unitario do antifascismo lugués. Á esta primeira convocatoria respostou un número consecuente de lugueses e non lugueses que amosaron coa súa asistencia o compromiso que parte da sociedade da nosa cidade ten ó redor das ideas que defendemos.

A asemblea transcurriu en termos xerais sen dificultade algunha sendo comandada por dous membros da recén constituída BAF Lugo. Estas dúas persoas abordaron os diferentes puntos que estaban previstos chegando a un consenso unánime en diferentes ámbitos organizativos, culminando a reunión con varias actividades formuladas, das que agardamos ter unha realizacións nas próximas semanas.

O clima da asemblea transcurriu nun ambiente de confraternidade onde cada un aportou as súas ideas para establecer así de xeito colectivo os caminhos de actuación a seguir.

Sen máis, agradecervos a todos vós o apoio e a asistencia e convidarmos a próximas asembleas abertas que poidamos levar a cabo nas próximas semanas ou meses, dende aquí estamos satisfeitos de esta nova andaina e esperamos un longo caminho de actividades e convocatorias que dinamicen a presenza do movemento antifascista na rúa.

lunes, 23 de marzo de 2009

Asemblea Constituinte BAF LUGO

Ó redor das 21:00, tal e como se quedara, daba comezo a xuntanza que tiñamos previsto convocar para por a andar do xeito máis ilusionante posible o novo proxecto unitario do antifascismo lugués. Á esta primeira convocatoria respostou un número consecuente de lugueses e non lugueses que amosaron coa súa asistencia o compromiso que parte da sociedade da nosa cidade ten ó redor das ideas que defendemos.

A asemblea transcurriu en termos xerais sen dificultade algunha sendo comandada por dous membros da recén constituída BAF Lugo. Estas dúas persoas abordaron os diferentes puntos que estaban previstos chegando a un consenso unánime en diferentes ámbitos organizativos, culminando a reunión con varias actividades formuladas, das que agardamos ter unha realizacións nas próximas semanas.

O clima da asemblea transcurriu nun ambiente de confraternidade onde cada un aportou as súas ideas para establecer así de xeito colectivo os caminhos de actuación a seguir.

Sen máis, agradecervos a todos vós o apoio e a asistencia e convidarmos a próximas asembleas abertas que poidamos levar a cabo nas próximas semanas ou meses, dende aquí estamos satisfeitos de esta nova andaina e esperamos un longo caminho de actividades e convocatorias que dinamicen a presenza do movemento antifascista na rúa.

domingo, 15 de marzo de 2009

Presentacion BAF Lugo 21 Marzo.



Dende a cidade de Lugo e arredores comeza un novo proxecto, unha iniciativa que pretende ser reflexo dun pasado de loita e que se compromete cun futuro de axitación. Non pretendemos ser nin un acrónimo nin unha entidade fastasma, non queremos ser cómplices nin dependentes de ningunha institución. Nós somos comunistas, somos anarquistas, galegos, proletarios, autónomos pero ante todo somos antifascistas, e esa idea é a que nos une nun sentimento de fraternidade co que combater a discriminación racial, e as inxustizas derivadas deste sistema que asasina sen ser xulgado por iso.

Sabemos que son moitos os inimigos no caminho, sabemos que a sociedade está educada en valores de opcións fáciles, sabemos que nós sempre vamos ser os 'malos' e que non teremos axuda máis que da nosa propia xente, pero non por iso vamos a consentir que inflúan no noso espírito e nas nosas esperanzas. Nós lugueses e non lugueses, pero si orgullosos da nosa condición pretendemos ser a vozsempre que seja preciso, pretende ser a voz que se levante contra o Fascismo, contra o Sexismo o Racismo e demáis ismos introductores dun caos que pretende asentarse no noso territorio.

Cada acto será unha vitoria e iso é algo que debemos ter presente na nosa intención de luita e denuncia. Despois de deixar claro todo isto só nos queda reafirmar o noso compromiso na defensa do expresado, uns nobles ideiais que de ningún xeito deixaremos que sexan encarcerados nin torturados polos amigos do capital e os inimgos da liberdade.

Namentras sigamos padecendo a pasividade institucional coa calanha fascista e os nosos teñan que seguir tortura e dispersión nós reclaremos o noso futuro fronte a realidade allea que nos tentaran impor pero que non conseguiran.

Sen máis quedades convidados a calquera dos actos que poidamos levar a cabo.Por iso e moito máis


VIVA LUGO ANTIFASCISTA!
AVANTE AS BAF!