viernes, 8 de octubre de 2010

CONCERTO ANTIFASCISTA EN LUGO

Concentracion Venres 8 as 19:30h

STOP CORRUPCION, MANIPULACION E REPRESION!!! Praza Maior-Lugo -08-Outubro 2010

Nos últimos tempos na provincia lucense estanse a dar diversos casos de corrupción e represion nos que están implicados dende o alcalde a diversos altos cargos da policía nacional,guarda civil,policía local, subdelegados

-Operación Carioca: Na trama dos burdeis están imputados o coronel Jose Herrera Garcia Lora(destinado nas Illas Canarias) que foi o máximo dirixente da garda civil durante 8 anos,Julio Vaquero,Armando Lorenzo que esta en prisión preventiva a espera de xuizo, etc…Unha traballadora desteis destes burdeis esta desaparecida ,as suas compañeiras declaran que supostamente foi asasinada e soterrada no local de alterne Queens ,coa colaboración de amigos entre os que o parecer se atopaban policías e gardas civis que frecuentaban o local. En outubro do 2009 asuntos internos rebentou a operación e detivo a donos de prostíbulos e altos cargos dos distintos ”corpos de seguridade”. Diversas traballadoras dos locais confesan a estar obligadas a traballar a cambio de papeis,según din nos locais corria a drogas entre os traballadores e clientes .Algun dos locais de alterne implicados apareceron queimados en innumerables ocasions sen que a policía lle buscase explicación.A xueza do caso decidiu que distintas patrullas vixiaran os loacais implicado deixando a cidade sen “vixianza. Segundo una asociación de Cabos e guardias ,altos comandos do instituto armado de Lugo tentaban dificultar as pesquisas no cadro de esta operacion

-Operación Pollo: Magrebies accedian a traballar en granxas de animais durante 13 horas cobrando 5 centimos por ave recollida a cambio de que supostamente Policias Nacionais da sección de Inmigracion lles concederán permisos de residencia.

- Permisos de Conduccion: Supostamente membros da Xefatura de Trafico de Lugo deron durante tempo permisos de conducción a persoas de orixe Asiatica sen que nalguns dos casos nin tan sequera souberan o noso idioma, a cambio de cartos.

- Multas retiradas: Altos cargos da Policia Local supostamente durante os últimos anos adicaronse a retirada de multas na cidade lucense.O parecer según se di na comandancia de lugo tiñan a orde de non multar na rua onde se situaba a sede do PSOE.Tras estas pesquisas dimitiu o subdelagado do governo mais o xefe de trafico.A sua solución: o multamovil.

-Operación Muralla: implicado ate o que fai pouco foi o noso presidente da diputación (Cacharro Pardo) que supuestamente roubou cartos e documentos da diputación de Lugo.

-Parque Rosalía de Castro: tras unha loita durante os últimos anos de colectivos pola defensa do parque xa que non tiñan permiso porque non e terreo edificable, se presentaron querellas contra os promotores, constructores e o propio concello dirixido polo “señor Orozco”, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza decidiu paralizar a obra. Ao que os interesados fixeron caso omiso xa que seguen a construir. Ao parecer, interesados na obra ofreceron pisos e ameazaron a distintas persoas que loitaban contra a construcción no parque. Tras últimas información aparecidas en medios públicos, Orozco ten idea de fechar o parque, no que de benseguro alguns destes constructores han levar un “bo pellizco”,

-Camaras de videovixilancia: Levamos 2 anos sendo vixiados de xeito ilegal, atentando contra os dereitos civis.O Movemento Polos Dereitos Civis xunto con outros colectivos presentou un escrito ante o valedor do pobo para que se retirara, xa que o permiso caducara en Abril do 2008.Non so non foron retiradas senom que se colocaron 52 mais en Marzo do 2009.

-Trafico de drogas: Distintos membros da Garda Civil están implicados en trafico de cocaína,dous deles están en prisión preventiva tras ser sorprendidos con grandes cantidades de estupefacientes

-Represion a xente mais desfavorecida: O governo comandado por Xose Orozco xa leva tempo tratando que na cidade lucense se leve a cabo una ordeanza civica que non funcionou nin en ciudades coma Barcelona.Algunhas das medidas que pretende son multas que oscilas entre 750 a 3000 E por patinar,cuspir o chan,pegar un cartel,mendicidade,top manta.Fixeronse diversos actos para impedir a aprobación (concentración, recollida de firmas..) ao que o concello fixo oídos xordos.Neste outubro o governo do concello xunto co subdelegado do governo e a policía decidiron levar a cabo a prohibición d calquer tipo de actuación e venda publica sen permiso con multas de 300 a 3000

Non son os únicos culpabeis do que esta a suceder na nosa cidade, xa que nos preguntamos que se isto chega a nos imaxinemonos o que non sabemos ,os medios de comunicación manipulan datos e intentan tapar con outras noticias estes casos tan graves que están a suceder.Adicanse a sacar falsas informacions de obreiros que loitan dia tras dia, para desviar a atención dos graves sucesos que nos están a azotar.Non podemos deixar que nos sigan a manipular ,reprimir e enganar,a cidadania lucense debe sair as ruas para protestar por estes graves feitos.

PAREMOS A ESTA MAFIA