miércoles, 30 de marzo de 2011

Situacion legal da Casa das Atochas.

A Audiencia Provincial admite a trámite o incidente de nulidade plantexado pola Casa das Atochas contra o auto de 23 de febreiro. No escrito plantexamos que ese auto, que convalidou a orde de desaloxo dictada polo Xulgado de Instrucción número 5 mediante providencia inmotivada no mes de novembro, é nulo debido a que esta providencia non estaba axustada a dereito e a resolución da Audiencia non respondeu ás nosas alegacións.
O día 24 de marzo a Audiencia Provincial dictou unha providencia, notificada o 28 de marzo, na que manda darlle copia do noso escrito ás partes (ministerio fiscal, promotora inmobiliaria e nós mesm*s) para que no prazo de cinco días:
1. se presenten alegacións sobre a nulidade da medida cautelar.
2. se presenten alegacións sobre a suspensión da execución da medida.

A mesma providencia pódese recurrir no prazo de tres días.
O mesmo día 24 a Audiencia dictou outras dúas resolucións, notificadas o 29 de marzo:
1. Unha providencia na que se admite formalmente a trámite o incidente de nulidade plantexado, se conceden cinco días para alegacións e tres para recurrir a providencia en sí.
2. Un auto da mesma data, sorprendente, na que se deniega a suspensión da execución da medida cautelar, e se di que non cabe recurso contra esta decisión.

Deste xeito o incidente de nulidade está pendente das alegacións e decisións da Audiencia Provincial.
Sería lóxico que o Xulgado de Instrucción número 5 suspendese a execución do desaloxo mentres non se decida o incidente.
Existen simultáneamente dúas resolucións da mesma data sobre a cuestión da suspensión, a segunda restrinxindo os dereitos de alegar e recurrir recoñecidos na primeira, sen aportar motivación ningunha para esta limitación. É evidente a situación de desamparo que se nos ocasiona. Temos intención de recurrir para que se suspenda a execución e discutir con plenas garantías a nulidade da medida cautelar, incidente de nulidade admitido a trámite pola Audiencia Provincial.

AVANTE A CASA DAS ATOCHAS.

lunes, 28 de marzo de 2011

Charla coloquio no Madia Leva!


Organizada polo Foro de Unidade Comunista Galega contaremos o dia 29 coa presença do filólogo e analista político, experto no mundo árabe Fayez Khalaf.
Martes, dia 29 de marzo às 19h30 n centro social Madia Leva!

viernes, 25 de marzo de 2011

Sábado 26 de marzo, concerto: Bitxo Bola en solidariedade co proceso de Xosé Tarrío na Corunha.


Data: sábado 26 de marzo
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres

CONCERTO DE BITXO BOLA en solidariedade co proceso de XOSÉ TARRÍO.

Máis información: http://www.youtube.com/watch?v=aMxWWlzn2dM
http://bitxobola.iblogger.org/
http://denuncia.info/index.php?option=com_content&view=article&id=26&Itemid=57

jueves, 24 de marzo de 2011

NON AO MALTRATO ANIMAL


Este vindeiro venres 25 de marzo na praza maior de lugo a partires das 20,00 horas havera unha concentracion na que se pedira o enderucemento do codigo penal mais o cese do maltrato animal.
Todos somos animais .
Aínda que dende as BAF LUGO avoga-mos por un verdadeiro respeto animal en todos os aspectos, por unha verdadeira LIBERACION ANIMAL apoiamos e convidamosvos a todxs a apoiar esta boa causa,vemonos o 25 as 8 na PRAZA MAIOR DE LUGO.
NOM MÁIS ESCRAVITUDE, NOM MÁIS EXPLOTACION
AVANTE O MOVEMENTO DE LIBERACIÓN ANIMAL!!

miércoles, 23 de marzo de 2011

NON A INTERVENCION IMPERIALISTA EN LIBIA


Este vindeiro xoves dia 24 de marzo a partires das 20.30 horas diante da Subdelegacion do Governo de Lugo os lucenses nos concentraremos na nosa vila para rexeitar o ataque e a guerra imperialista que no nome da liberdade comezaron fai uns dias os paises da OTAN.
No nome da falsa democracia e da liberdade comezaron un ataque que non e so o ditador Gadafi saldra mal parado xa que no nome da intervencion humanitaria morreron e morreran miles de persoas.
Non as ditaduras,non o imperialismo nin libio nin eeuu nin espanhol... AVANTE O POVO LIBIO.
Dende o noso coletivo que estara presente nestA concentracion berramos ben alto :
NON MAIS SANGUE POR PETOLEO,LIBERDADE PARA OS POVOS!!!

miércoles, 16 de marzo de 2011

Homenaxe ao Piloto 19 de Marzo.


O sabado 19 de Marzo tera lugar en Belesar, concello de Chantada, un acto de homenaxe ao guerrilheiro anti-franquista "O Piloto" organizado por Causa Galiza-Chantada. Neste lugar "O Piloto" foi assassinado em 1965.

A guerrilha galega foi pioneira na luita anti-franquista. "O Piloto", José Castro Veiga, foi o último gerrilheiro en caer en combate; foi asasinado en 1965.

Continua:

Programa:

* 18h. Roteiro por Belesar até o lugar onde caeu O'Piloto. Homenaxe.
Lugar de encontro: Náutico da barraxede Belesar.
Para chegar: desde Ourense, apanhar a N-540, direccion Lugo e ao pouco de passar Chantada tomar a LU-1802 e depois a LU-1811 até chegar à represa.
* 20h30 Xantar de confraternizacion.
* 22h Concerto dos Labregos do Tempo dos Sputnik.
Preço do jantar e o concerto: 10€
Lugar: Náútico da aldea de Belesar (non confundir con o da barragem).
Para chegar: desde Lugo, apanhar a N-540, direccion Lugo e tomar a LU-1801 xusto antes de entrar em Chantada e pouco depois a LU-1806 ata chegar à aldea de Belesar, à beira do rio Minho.

Para mais informacion: Anxo (672 015 992)

miércoles, 9 de marzo de 2011

Segue a sair informacion da trama dos burdeis.

Documentación do Queens foi esnaquizada na custodia do local

Algún axente fixo un boneco e colgouno dunha fiestra

A medida que vai transcorrendo o tempo comezan a coñecerse algunhas das trabas e dificultades impostas á investigación da operación Carioca. Un xulgado lucense tivo que abrir dilixencias previas por un presunto delito de obstrución á xustiza como consecuencia, entre outras cuestións, de que documentación que estaba no interior do club Queens, do Ceao, foi esnaquizada mentres o establecemento estaba a ser custodiado día e noite por axentes dos corpos e forzas de seguridade por petición da xuíza do caso. Ademais, sóubose que presuntamente algún axente preparou un boneco con diversas roupas e colgouno do local que servía de sede social á suposta trama dos bordeis.

As molestias que ocasionaba a investigación motivaron que a xuíza fose obxecto de numerosas cambadelas. Unha delas foi a ocorrida no Queens. Ante os constantes incendios que se estaban producindo no Eros, a xuíza pediu vixilancia 24 horas no club do Ceao, entre outras razóns porque aínda tiña pendentes de realizar algunhas inspeccións dentro do mesmo.

A pesar desa vixilancia constante, os investigadores puideron comprobar como, polo menos nunha ocasión, documentos que estaban no establecemento apareceron rotos e tirados no chan xunto con botellas, roupas que había nos cuartos e ata excrementos. Esta preocupante situación motivou que fosen abertas de inmediato dilixencias previas por obstrución á xustiza porque se considera que o único que se pretendía era pór trabas ou ocultar probas á xuíza. Ao parecer, algunhas persoas xa declararon sobre o acontecido e outras poderían ser chamadas en breve.

Pero é que, ademais, en plena vixilancia policial, foi colgado un boneco, preparado con roupas e outros materiais, dunha das fiestras do establecemento. Tendo en conta que a vixilancia era permanente, todo apunta a que este obxecto supostamente chegou a ser confeccionado por algún axente. Sobre este particular tamén está aberta unha investigación xudicial.

Do ocorrido no bordel do Ceao foron informadas diversas autoridades....

martes, 8 de marzo de 2011

domingo, 6 de marzo de 2011

Festa do entruido no CS Madia Leva


A festa de entruido celebraremó-la o dia 7 cumha ceia cos produtos típicos destas datas,e depois umha festa de disfarces a celebrar no centro social. A ceia , que começa às 21h00, convem anotar-se antes do dia 5 para ir organizando todo. Custará 8 euros.
A festa começa sobre às 22h30.

O dia 8 participaremos no concurso de comparsas do Concelho que dará começo às 17h00 na praça da Soidade. A temática obreira que levaremos na comparsa obreira tratará o tema da perda de direitos laborais, o recurte das pensons, a reforma laboral,etc isso sim com muita retranca.