sábado, 30 de abril de 2011

1º de Maio


Dende as BAF Lugo animamosvos a todas as traballadoras lucenses a participaren neste dia pola clase obreira e a deixarlle ben claro os Sindicatos/Partidos que estamos na rua e que seguiremos a loitar polos nosos dereitos coma traballadores.

AVANTE A LOITA DOS TRABALLADORES

lunes, 18 de abril de 2011

Causa Galiza Lugo

Causa Galiza organiza o sábado 30 en Lugo un acto nacional pola revolución de 1846

Dentro das actividades en prol da socialización do dereito de autodeterminación, Causa Galiza presentou está mañá na Galería Sargadelos unha nova cita nacional convocada o día 30 en Lugo, en homenaxe aos 165 anos da revolución galega que abriu o camiño ao soberanismo. O membro da asemblea comarcal de Lugo de Causa Galiza, Xosé Manuel Seixas, lembrou a importancia histórica da cidade de Lugo no levantamento de 1846, desde que no 2 de abril dese ano Miguel Solís proclama a insurrección na Praza Maior ate que mais de 20 días despois o exército español desarma a cidade. Seixas afirmou que fixar esta data no almanaque contribue a “dignificar a nosa historia”.

Olalha Barro, membro da Portavocía de Causa Galiza, analizou o actual contexto de conflito político e as conclusións que Causa Galiza tirou dun proceso de debate que culminou o pasado 19 de marzo coa celebración do seu plenario nacional. Así, Barro sinalou que a organización autodeterminista evidenciou que “a vía estatutaria é unha vía morta” para acadar a soberanía nacional. Ademais, indicou que “temos a responsabilidade de fomentar este debate nas organizacións do nacionalismo”, para o cal consideran unha ferramenta útil o Acordo Democrático Nacional (ADN) presentado en Pontevedra o pasado 18 de decembro. Precisamente, o acto do 30 abril servirá para facer públicas as novas organizacións que secundan este acordo de mínimos autodeterministas.

Borxa Rei, tamén membro da asemblea comarcal de Lugo da Causa Galiza, presentou a totalidade dos actos para esa xornada, que van comezar ás 18:00 no Parque de San Roque e sucederanse polas distintas rúas de Lugo, con intervencións dos historiadores Bernardo Máiz e Bernardo Penabade, recital poético de autores e autoras como Darío Xohán Cabana, Xiana Arias ou Daniel Salgado e a música tradicional da asociación A Volta do Agro. O punto final do roteiro será a Praza Maior, onde se producirá o acto político central coa presenza da Portavocía da Causa Galiza.

Á noite, a celebración vai continuar cunha foliada a partir das 20:00 no Centro Social Mádia Leva! (Rua Amor Meilán) e unha cea de convivencia no mesmo local. E, xa á media noite, porá o punto final un concerto na Sala 982 (Ronda da Muralla), coas actuacións dos grupos Lugo Sen Descanso, Ondas Martenot , Das Kapital, Sacha na Horta e Os Tres Trebóns. A entrada ao concerto terá un prezo de seis euros. Causa Galiza organizará un autobús desde as comarcas de Vigo, Pontevedra e Santiago que volverá despois dos actos programados. Ademais, habilitarase un espazo para durmir.

A convocatoria en memoria da Revolución Galega de 1846, que o ano pasado foi celebrada en Carral, chega este ano a Lugo en consonancia coa decisión de Causa Galiza de levar a reivindicación da soberanía nacional às comarcas galegas, e súmase as convocatorias de 25 de xullo e 6 de decembro nas que a iniciativa autodeterminista ten conseguido unir a todo o movemento soberanista galego.

martes, 12 de abril de 2011

Desaloxan a Casa Das Atochas.



Segundo informaran as próprias implicadas no CMI Galiza (Información das 12 da manhá):

Nengun/ha detid@ polo momento. A concentración frente a rúa Atocha Alta xa rematou, pese a que a zonas das Atochas continúa tomada pola policía espanhola. Hai varias dotacións de UIP nas inmediacións da okupa e outras dúas nos laterais do Campo da Lenha. Axentes de paisano estaban a grabar imaxes do interior do inmóbel, e parece ser, que o edificio vai ser derrubado no día de hoxe.

Convócase á poboación a unha concentración/cacerolada no Obelisco da Corunha esta mesma tarde sobre as 20h, así coma a unha manifestación en repulsa do acontecido hoxe o sábado vindeiro no Campo da Lenha ás 18h.

--------------------------------------
(información das 10h da mañá):
A Policía ten tomada a rúa da Torre no bairro de Monte Alto, desde as 8:00h desta manhá. Un amplo dispositivo policial espertou hoxe ás activistas que se atopaban dentro do espazo social okupado Casa das Atochas. Golpeando as portas, lograron traspasar as entradas do Centro Social, mentres duas persoas subían ao telhado facendo soar bocinas e despregando unha faixa. O desaloxo durou uns 20 minutos, e para levalo a cabo, foi desprazada até a Corunha unha brigada especial da Policía Nacional.

Nestes momentos unha vintena de persoas concéntranse na rúa da Torre, á altura da rúa Atocha Alta, pero os antidisturbios impiden achegarse máis á emblemática okupa corunhesa por calquera das rúas que a rodean. O propietario do edificio, Pérez Paz, atópase dentro do inmoble, con dous operarios, cremos que pretenden tapiar definitivamente o espazo.
------------------------------
Un Saúdo

Dez,cen, mil Centros Sociais

martes, 5 de abril de 2011

Operacion Carioca suma e segue...

OPERACIÓN CARIOCA

As mortas que puideron ser



05/04/2011 -

¿Verdades ou lendas de prostíbulo? A suposta existencia dunha ou varias mulleres mortas por malleiras en clubs de alterne e logo feitas desaparecer é un rumor que corre como a auga entre as mozas. O xulgado do caso Carioca e os investigadores non foron alleos a esas sospeitas, polo que traballaron para determinar a veracidade deses comentarios, sen conseguir resultados positivos ata o momento.

Información relacionada

A lectura do sumario revela que non soamente se investiga o suposto crime dunha moza no Queens. Hai sospeitas de que unha moza brasileira de 25 anos, identificada como C.R.S. e atopada morta vítima dun suposto atropelo o 17 de abril de 2006 en Vilapedre (Sarria), puido ser asasinada e trasladada desde Lugo ata a cuneta da estrada para simular un atropelo.

Un garda civil da Policía Xudicial, compañeiro dos principais procesados, puxo o feito en coñecemento do xulgado mediante un escrito persoal, onde di que intentou infructuosamente conseguir as dilixencias da falecida nos arquivos de papel e dixitais da comandancia. Cre que esa información está desaparecida, a pesar de que o cabo A.L.T. realizou diversas xestións nos clubs de alterne da zona para pescudar a identidade da moza.

O axente denunciante, que finalmente tamén resultaría imputado, ratificou en agosto pasado as súas sospeitas ante a xuíza. Polo menos dúas mozas tamén mencionaron a morte da brasileira e coincidiron en que tiña o rostro desfigurado polos golpes, asegurando ouvir rumores de que os supostos autores do crime simularon un accidente.

Con todo, os maiores esforzos da xuíza instrutora e dos investigadores céntranse nunha prostituta chamada Ana. Practicamente todas as mulleres que traballaron nalgún momento no club Queens son interrogadas respecto diso. As respostas van desde as que aseguran que nin a ouviron nomear ata as que incluso chegan a achegar detalles moi precisos, pero sempre de ouvidas e nunca comprobables. Versións que se desmoronan ante a realidade, conformando un corpo similar ao de calquera lenda urbana pero moi efectiva á hora de manter o medo entre as prostitutas que traballaban para J.M.G.A.

Segundo as sospeitas dos investigadores, Ana sería unha prostituta brasileira que traballou no Queens e que desapareceu de forma misteriosa. O que xa non está tan claro é como e onde morreu, nin sequera se morreu. Un dos primeiros testemuños sitúa a súa morte en Madrid, na Casa de Campo. De feito, Pilar de Lara incluso chega a pedir á Uco e a Udico da Garda Civil que emitan informes sobre o asunto. Unha muller romanesa deixa entrever nunha das declaracións que puido ser vítima dunha rede de tratas de brancas encabezada por un compatriota seu.

Versións

Pero as versións son case tantas como testemuñas din ouvir falar do caso. A máis citada é unha tal Joana, expareja do dono do Queens, e a quen a maioría das declarantes refírense como fonte, ben directa ou ben indirecta.

Algunhas aseguran que a muller morrería ao ser empuxada polas escaleiras e romper o pescozo, pero parece que nese caso foi outra muller a que caeu e danouse un nocello.

Noutra versión fálase de que foi J.M.G.A. o que a golpeou ata morrer no interior dunha das habitacións. Pero testemuños non menos, nin máis, convincentes que os anteriores indican que a muller morrería afogada na piscina da parte traseira do prostíbulo, nunha noite de festa.

Ese lugar, a parte traseira do prostíbulo, é o único nexo destas versións: todas as que ouviran falar de asunto crían que o cadáver estaba enterrado alí. Si que é certo que moitas delas coinciden ao describir o moito tempo que pasaba J.M.G.A. nesa zona e o pouco que lle gustaba que ninguén lle molestase alí, onde incluso criaba galiñas. Tamén hai coincidencia en que ao dono do prostíbulo non lle gustaba que ninguén se achegase á piscina, que permanecía baleira.

O cadáver, segundo contou Joana a varias mulleres, foi tirado primeiro a un pozo negro e posteriormente recuperado e enterrado na traseira do Queens, para o que o presunto homicida contaría incluso coa axuda das máquinas dun contratista da construción cliente e amigo seu. Outras, en cambio, crían que se atopaba baixo o formigón da piscina.

A xuíza Pilar de Lara ordenou ir tirando de todos estes fíos, ao parecer con pouco éxito. En agosto de 2010 decidiu desembarcar no Queens con artillería pesada. A pesar de que no auto de rexistro non figura que se estea buscando un cadáver nin que se estea investigando un asasinato, a maxistrada contou con equipos da policía científica para pór patas para arriba o club e buscar rastros. Incluso se chegou a barallar a idea de escavar todo o terreo, o que ao final non se fixo. Tamén levaron cans, que só acharon un puñado de explosivos inútiles.

De todos os xeitos, a tal Joana arroxou un xerro de auga fría sobre a investigación cando finalmente foi localizada. Asegurou que nin sabía onde estaba o cadáver, nin sabía nada de Ana, e que o que ela tiña entendido é que a morte na piscina fora accidental e sucedeu nun club de Pontevedra no que traballara J.M.G.A., o que lle deixou moi afectado. A pesar de todo, non se pode esquecer que aínda hai partes do sumario secretas e que a investigación segue. Talvez dean con Ana.

Máis agarimo polas galiñas que polas prostitutas

  • O dono do Queens é un home peculiar, ademais de perigoso. Segundo os testemuños incluídos no sumario, pasaba horas e horas na parte de atrás do club, un terreo no que tiña a piscina (baleira), un amplo terreo con algunha árbore no que criaba galiñas e ovellas e unha zona na que preparaba os seus coches. Nun deles, un axente que facía servizos de vixilancia no prostíbulo achou un quilo de haxix meses logo da súa detención.
  • Pero hai un testemuño que dá a medida do carácter deste home. Cando unha das prostitutas -coas que adoitaba ser moi violento, segundo din- pediulle que lle dese unha das súas galiñas para facer unha comida, el preferiu regalarlle 50 euros para que se comprase unha antes que deixar que se comese unha das que el coidaba, segundo recóllese no expediente xudicial.

viernes, 1 de abril de 2011

Rap dende Lugo


Dende Lugo ven a unión de Klandestino & Dj Webs, dous bboys con vidas diferentes, mais moitos puntos en común ea mesma vontade de facer as cousas. O frescor nas letras e os arañazos agresivos, xunto coa directa devastadores son algunhas das características deste grupo. Non deixara a ninguén indiferente.


¿Ké recuerdo guardáis de vuestro primer concierto? ¿Y al ke le tenéis más cariño?

Klandestino: Mi primer concierto fue en 2006 en Frigsa, también recuerdo mi primero en el Clavicémbalo en ese mismo año. Antes ya era un clásico de los micros libres. Al ke le tenemos más cariño, kizás al último porke la reventamos demasiado (risas). Kiero agradecer a nuestro hombre Guipas, pieza fundamental en los directos y mas allá de ellos, toda su aportación a nuestros proyectos.

Dj.Webs: El recuerdo de mi primer concierto fue bestial, era la primera vez ke subía a una tarima y estaba flipando, mazo nervioso, no me lo creía hasta ke solté el primer track y después fue como estar en casa, y tenerle cariño le tengo a cada uno de los bolos ke pude hacer, para mí es un honor subirme a una tarima…

¿Cuánto tiempo invertís en el rap?

Klandestino: Mucho más del ke te podrías imaginar, escribo a diario, tuve una etapa de mi vida en la ke anduve algo desconectado pero ahora vuelvo a estar a tope.

Dj.Webs: Yo no invierto en el rap, yo lo vivo día a día, ni te imaginas lo ke fui capaz de hacer por escuchar, o comprarme un disco de rap, a mí nadie me regaló nada.

LA ENTREVISTA COMPLETA EN: http://www.galiciaflow.net/


01 - Intro
02 - Dime quien lo parte
03 - Gemelos (con Dikeyti)
04 - Business 4 me
05 - Has elegido mal la puerta (con Magno)
06 - Déjame fumar
07 - Drogas
08 - G.T.H.M. (con Magno)

DESCARGAR AQUI POR MEDIAFIRE



http://nosolodepunkviveelhombre.blogspot.com/


http://www.myspace.com/websdafrigsa/