lunes, 15 de junio de 2009

1ªTIRAXE





Colantes de BAF LUGO.
Polo de agora so estan dispoñibles mediante o noso correo baflugo@hotmail.com
5 COLANTES =0,50 CTS

NOVAS CAMISOLAS DE BAF LUGO A VENDA



Xa a venta no C.S.Madia leva ou mediante o noso noso correo baflugo@hotmail.com ao prezo de 8Euros

CONCENTRACIÓN CONTRA AS TOURADAS


28 de Xuño en Outarela (Sarria) às 16h00



Despois de dous anos sen touradas, vários empresários de hotelaria da vila, teiman con traer de novo a sua "festa nacional" . As touradas son unha lamentábel exaltación da violencia, da tortura e da morte de animais. As festas populares do san Xoan terán que conviver nas rúas con esta triste apoloxía da barbárie.

Desde logo que nestes dous anos ninguén en Sarria botou en falta as touradas. Un grupo de colectivos e persoas decidimos comezar a loita para que as touradas pasen a ser un mal recordo do pasado máis escuro desta vila.Como ecoloxistas comprometid@s coa defensa dos animais, denunciamos o trato cruel e inumano que os touros receben no transcurso desta mal-chamada festa. Durante o percurso da mesma, o touro é desgarrado, mutilado, torturado de diversas formas e asasinado tentando facer pasar como valentia a crueldade e a violencia contra os animais, num alarde de cinismo hipócrita.Opomo-nos radicalmente a esta festa por estar indisolubelmente ligada ao fascismo . Se ben é evidente que non naceu co golpe de estado do 36, lembremos como é que era chamada durante a Ditadura franquista: “La Fiesta Nacional”. Segue a ser o ponto de encontro da direita españolista, a sua festa estrela do ano, com todos os matizes que se queiran.Constitui umha “festa” alheia a nosa cultura. Pese os innumerabeis intentos por introducir as touradas como parte da imposición da cultura española, tan só existe unha praza no noso país, propiedade dunha empresa madrileña. A populación galega declára-se nun 80% alleia ás touradas , tal e como amostran as enquisas, e o fracaso continuado das touradas itinerantes no último século evidencia a total oposición a esta apoloxia do martírio animal.As touradas som unha festa marcadamente machista, como se pode analisar na figura do toureiro (no 99% dos casos sempre home), quen sai teoricamente a demonstrar o seu valor ante un animal moi perigoso, apresentando-se como o cúmio da gallardia e da chularia, como o epítome do macho ibérico. Por suposto, a plataforma non defende a igualdade de sexos a hora de protagonizar esta festa macabra, mas a sua completa erradicación.