miércoles, 23 de septiembre de 2009

SEGUNDO ANIVERSÁRIO DO MÁDIA LEVA!


Este sábado 26 celebramos dous anos de vida do nosso centro social, embora a associaçom tenha alguns meses mais, o C.S. foi inaugurago em setembro de 2007. Desde entom trabalhamos atreu na construçom nacional, servimos de espaço de encontro para muitos projectos e luitas, formamo-nos e divertimo-nos.

Além de celebrar todo o feito, queremos começar o curso com força juntando-nos todos e todas neste dia. Este ano temos muitas novas ideias para fazer, já para este mês estamos a argalhar a participaçom na Liga Nacional de Bilharda, preparando os cursos diversos que começaram em outubro, a volta ao horário habitual abrindo todos os dias...

Em quanto ao aniversário, a isso das 12h30 começa a sessom vermú com relevância para as reformas feitas no local assim como a inauguraçom do 1º andar. As 14h30 o jantar (há que anotar-se antes da sexta-feira 25 no local ou no tlf. 664 20 70 10 e o preço seram 5 ouros). Pola tarde participa no incrivel aberto de bilharda sobre erva, como prévio ao começo da LNB (o domingo em Barreiros). Aliás da foliada que se organice no local, às 19h00 imos dar por rematada a nossa festa para achegar-nos ao Zumbanocoiro, festival de música tradicional, organizado pola Volta do Agro, que contara com as actuaçons d´A Volta do Agro, Bouba Pandereteiras, O Tear de Llerena e A Gaita de Sarandón, celebrará-se na praça de Campo Castelo.

jueves, 10 de septiembre de 2009

Manifestaçom en Madrid en recordo a Carlos Palomino .


Familiares e amigos de Carlos Palomino, o jove assasinado no 2007 na estación de Metro de Legazpi de Madrid presuntamente a maos dun militar,manifestaránse no seu recuerdo o próximo sábado, 12 de setembro, dous días antes de que se celebre o juizo pola sua morte na Audiencia Provincial.

A manifestación, convocada para dous días antes de que comece o juizo, y un ao e 10 meses despois do assasinato, tendrá lugar na plaza Elíptica as seis da tarde e marchará baixo o lema "Carlos. Ni olvido, ni perdón".

O 11 de novembro de 2007 Carlos Palomino, de 16 anos, foi apunhalado na estaçóm de Metro de Legazpi polo soldado profesional Josué E. de a H., para o que a Fiscalía de Madrid pedirá no juizo unha pena de 29 anos de prisión.

O juizo pola morte de Carlos Palomino celebraráse durante a semana do 14 o 18 de setembro na Audiencia Provincial de Madrid .

miércoles, 2 de septiembre de 2009

STOP CRIMINALIZACION MEDIATICA

http://elprogreso.galiciae.com/nova/38203.html
http://elprogreso.galiciae.com/nova/38123.html
http://elprogreso.galiciae.com/nova/38141.html



Respecto de certas informacións que andan a circular en diferentes medios da cidade sobre presuncións, supostos e diversas cousas máis. Os antifascistas de Lugo queremos expresar o noso malestar frente ó tratamento que se están a facer de datos e de parte das investigacións policiais, xeralizando a cuestión e levando a cabo unha redacción calumniosa e criminalizadora contra todos aqueles que abandeiramos a loita antifascista na nosa cidade.

A estes mesmos xornalistas e demáis colaboradores informativos, queremos deixarlles ben claro que non somos partidarios da violencia gratuíta, nin dos ataques indiscriminados contra quen queira que sexa, porque temos unha base e argumentación ideolóxica suficientemente ampla como para non ter que recurrir ó uso da forza para alcanzar calquera dos nosos obxectivos, sempre políticos. Do que non cabe dúbida é que á hora de levar a cabo calquera dos nosos propósitos temos na nosa man métodos que non sempre son socialmente aceptados, porque a moita xente lle incomoda que parte da mocidade sexa quen de organizarse e levar a cabo manifestacións ou calquera outro tipo de convocatoria. Estas mesmas son a cotío terxiversadas polos medios co fin de apuntar ou denunciar ideas, que non se corresponden coas maiorías interesadas de gran parte da sociedade actual na que vivimos, a mesma que queremos cambiar.

Non queremos ser nin unha pandilla, nin unha tribu urbana, nós somos mozos que compartillamos a nosa vida diaria cos nosos ideais, iso vai acorde á nosa personalidade, porque ante todo somos persoas cunha mente e conciencia propia, é precisamente esta circunstancia a que nos diferencia das masas e multitudes, quen aceptan de xeito categórico as condicións impostas. Así mesmo queremos resaltar o feito de que somos persoas e como tal, cada un ten unha forma de ser propia, e toma as súas decisións acorde ós seus modos de actuar e de pensar, iso mesmo é o que nos fai seres humanos, de primeiras, a non ser que os medios realicen unha caza de bruxas na que metan nun mesmo saco a todas as persoas que poidan integrar un colectivo, organizado e independente como son as BAF Lugo. Ideoloxizar as contas personais é algo que contribúe a darlle máis morbo ás informacións, unha carga subxectiva que aumenta os debates e divide ós lectores, pero nunca reflicten a realidade nin se preocupan por emitir un xuízo equilibrado dos feitos.

É por isto que amosamos o noso malestar, xa non só polo acoso e derribo que se lle poida facer a unha persoa, publicando fotos da mesma e dando datos personais que non contribúen á unha maior información senon que danan a intimidade e a integridade do propio individuo e da súa familia e achegados. Así mesmo querer encadrar este tema como un suceso propio de enfrentamentos relacionados co fútbol, deixa ver a necesidade imperiosa de escribir por escribir, con tal de ter que sacar algo á rúa. Gustaríanos por iso mesmo adevertírlles que vimos seguindo estas informacións ó longo das súas páxinas, e deberían reconsiderar a súa profesión cando publican dun día para outro dúas versións sorprendentemente diferentes, con actores e implicados que nin se parecen, nin se parecerán nunca.

Así mesmo quereremos explicar que as BAF, as Brigadas Antifascistas Lugo, que non lucenses, son un colectivo que como ben di o nome se define como antifascista, e que é absolutamente autoxestionado polos propios membros. Se por non recibir unhas subvencións gubernamentais, nin por non ter unha sede física ou por non ter carnés de partido nin presenza nos medios xa debemos ser relegados á categoría de banda, creo que calquera cidadán debe ser un pandillero por pensar dun xeito concreto e propio. Dentro da persecución desesperada dunha historia convicente que plasmar nas páxinas neste caso do xornal El Progreso, ocúpanse por maldecir contra colectivos tan diferenciados como son as Brigadas Lucenses, un grupo de animación que apoia ó CD Lugo, e ás BAF, cando lembramos que as BAF non son ningunha organización no tradicional estilo, senon que é un acrónimo co que nos agrupamos baixo a fórmula do asociacionismo. Por iso mesmo pregámoslles que sexan quen de preocuparse por acreditar un pouco máis as súas informacións e así comprobarían que no resto do Estado Español baixo este mesmo acrónimo se organizan moitos máis mozos e mozas que nós, sin que exista relación interterritorial entre as diferentes BAF, nin nada polo estilo, con isto queremos evitar que constrúan mafias conspiratorias ó redor das mesmas e dos seus enlaces nas webs, tal e como fixeron nesta ocasión.

Somos autónomos e cun pensamento propio, con diferenzas ideolóxicas e personais, por iso mesmo pregamos un pouco de respeto por todos aqueles que facemos deste Lugo de hoxe, un Lugo que sexa quen de ter un mañá sen inxustizas e malestares sociais que ven arrastrando de man do sistema. Non pretendan recurrir ó engano persoal nin colectivo, nin malvendan as súas informacións como se foran tomadas a pé de rúa, coma se foran de primeira man, porque basta ollar nas súas informacións e comprobar unha eiva de fontes informativas importantes. Dende este humilde espazo de contrainformación diaria, pretendemos axudarlle á facer a súa labor xornalística, e pregarlles que teñan un pouco máis de dignidade cos datos que manexan, do mesmo xeito que comproben que somos mozos e mozas formados que rexeitamos a violencia directa e as agresións personais inxustificadas. Así mesmo aconsellámoslles que consulten á fonte afectada, para contribuir a elaborar un xuízo equilibrado dos feitos, facendo así fincapé na historia real dese conflito personal e non achacalo a un motivo ideolóxico, porque as cousas parecen pero non son, e son pero non parecen.

Sen máis

Lugo a 2 de Setembro

Mozos e mozas Antifascistas de Lugo [Tanto da o nome, o importante é o que se pensa]


STOP CRIMINALIZACIÓN!
STOP CENSURA!