sábado, 27 de marzo de 2010

Non a ordenada civica.

Documento: Retirada da Ordenanza Cívica

Distintos colectivos e asociacións (Plataforma Alternativa, Radio Clavi, C.S. MadiaLeva!, Sinerxia, CIG, CNT, C.S. Vagalume,...) subscribimos o seguinte documento SOLICITANDO A RETIRADA DA PROPOSTA DA ORDENANZA CÍVICA, e individualmente (por colectivo ou asociación) presentaremos por rexistro de entrada ante o concello.

Pregamos a calquera outro colectivo/asociación de acordo coa solicitude de retirada, o comunique ao concello (documentandoo por rexistro de entrada) podendo empregar o seguinte documento ou outro que considere.


AO CONCELLO DE LUGO



A asociación ...................................,con enderezo a efectos de notificación en..........................., perante a prevista aprovación do regulamento coñecido como Ordenanza de Civismo, quere facer as seguintes

MANIFESTACIÓNS

Primeira.- Interpreta o non ter sido convidada ao foro cívico, convocado en relación coa chamada Ordenanza de Civismo, como sinal dunha vontade por parte do Concello de excluir deste debate aos movementos sociais da nosa cidade.

Segunda.- Despois de ler e debater o rascuño desta norma que foi publicado, consideramos que o texto constiúe unha proposta regresiva ao incluir elementos inxustificadamente represivos ou excluíntes.

Terceira.- Esta proposta semella estar pensada para unha situación social caracterizada por un conflito entre, por un lado, a cidadanía común e, polo outro, unha serie de novas e preocupantes ameazas para a convivencia. Este escenario non se corresponde en absoluto coa realidade de Lugo que é, en xeral, considerada como unha cidade segura. Neste sentido, todo indica que se pretende estabelecer, por lei, unha dialéctica maniquea, de bos e malos, para lexitimar políticas antisociais e autoritarias.

Cuarta.- O que se proclama, na propria norma, como finalidade da ordenanza, isto é, a preservación do espazo público para poder, libremente, as persoas circular, lecer, encontrarse e recrearse, pon de relevo unha concepción moi pobre da convivencia social. A norma, por exemplo, limita inaceptabelmente a liberdade de expresión nos artigos que van do nove ao quince. E o mesmo podemos dicir da liberdade de reunión, que fica vulnerábel polo artigo 21.4. Como se a convivencia cívica non dependese da garantía deste tipo de liberdades fundamentais.

Quinta.- Preténdese fundamentar a tipificación de infraccións nunha utilización avesa de conceptos como o de contaminación ou degradación visual (art. 9). Logo de como correron os conflitos, entre o Concello e a veciñanza, en relación cos proxectos urbanísticos para os Parques “Rosalía de Castro “ e “Marcos Cela”, entendemos que a intención real da ordenanza, neste apartado, non é preservar a cidade da contaminación visual, mais lexitimar a represión contra a libre expresión da cidadanía no espazo público, mediante cartazes, panfletos, faixas, etc.

Sexta.- Non atende ao interese do Concello pola contaminación acústica (art. 21), non debemos esquecer que este mesmo goberno municipal pretendeu modificar a ordenanza sobre contaminación acústica para permitir a abertura de novos bares e cafetarías en zonas declaradas como acusticamente saturadas. Esta modificación foi recorrida polo movemento veciñal perante os tribunais, obtendo unha resolución favorábel, mesmo tras os recursos do Concello. Como no punto anterior, neste caso tamén sospeitamos que, o que se procura, non é protexer o descanso nocturno das veciñas e veciños, mas a criminalización da mocidade unha vez fracasados os programas municipais de ocio nocturno alternativo.

Sétima.- Chócanos que a ordenanza fale de ‘novas situacións e circunstancias’ (px. 2) para se referir a cousas como a mendicidade ou a prostitución. A medicidade, por exemplo, xá era considerada perigosa na lexislación franquista, por exemplo na Ley de Peligrosidad y Rehabilitación Social. Esta lei tipificaba, como infracción, a mendicidade cando era “habitual”(art. 2), e a ordenanza no seu texto actual, cando é “insistente” (art. 16). Estamos, pois, perante dous textos diferentes na forma, mais semellantes no seu contido aporofóbico.

Oitava.- O artigo 27, que expón os fundamentos da regulamentación do comercio ambulante, considera como de interese para o civismo a protección da economía de mercado e a libre concorrencia. Deste xeito estase a facer pasar os ilícitos mercantís, ou as irregularidades administrativas, por atentados contra a convivencia. Isto é moi grave pois, en realidade, acarreta unha criminalización da venda ambulante que, dadas as suas caracterísiticas na nosa cidade, pode amparar actitudes policiais xenófobas, ou racistas.

Novena.- A Lei 57/2003, de Medidas para a Modernización do Goberno Local, mais coñecida como Lei de Grandes Cidades, serve como fundamento xurídico principal para esta ordenanza. Cómpre lembrar que foi aprobada nos momentos álxidos da viraxe ultrareaccionaria do Goberno de Aznar en Madrid. Na Galiza foi invocada, para deturpar a toponimia da cidade da Coruña ou para, nese mesmo concello, fechar locais de asociacións e movementos sociais, como Mil Lúas e Oveja Negra. En Lugo, esta mesma lei, aplicouse para nomear o pasado ano, como concelleira-delegada de urbanismo, unha pesoa que non se apresentou às eleicións municipais de 2007. Non debe estrañar, por tanto, que unha norma tan duvidosamente democrática, tanto na sua orixe como nos seus termos e resultados, inspire o carácter regresivo da ordenanza de civismo que se quere aprovar.

Décima.- Debido á escura redación da Lei 57/2003, o rascuño de ordenanza cívica confunde a potestade sancionadora en relación coas matérias de convivencia cívica de interese local, coa regulamentación punitiva de cuestións como a sexualidade, as liberdades fundamentais, ou a dignidade humana. É obvio que o texto apresentado excede con moito, as competencias que razoabelmente se lle poden atribuir a un goberno municipal. Utilízase o pretexto dunha intepretación excesiva do concepto de espazo público para tentar a imposición dun código penal, a escala local e sen garantías, que en moitos casos pode dar lugar a vulneracións de principios xurídicos básicos como o de tipicidade e proporcionalidade, das disposicións sancionadoras, o de seguranza xurídica, ou o de non bis in idem, polo qual ninguén pode ser punido mais dunha vez por unha mesma conduta.

Decimoprimeira.- Se as Disposicións comúns sobre réxime sancionador ficasen como están, darían lugar a unha perigosa hipertrofia das funcións policiais ao configurarse, a policia local en virtude da presunción de veracidade, como a encarregada de interpretar a lei e determinar, sen garantía ningunha, que condutas son sancionábeis como infraccións contra a convivencia.

Por todo isto, e por todo o que fai desta ordenanza unha norma regresiva, represiva, e perxudicial para a convivencia cívica, e a pesar de non ter sido convocadas polo Concello de Lugo para dar, ao respecto, a nosa opinion.

ESIXIMOS

A inmediata retirada da proposta contida no rascuño de Ordenanza de Civismo que foi publicada e á que nos referimos no presente escrito.


DENDE AS BAF LUGO QUEREMOS EXPRESAR QUE TAMEN ESTIVEMOS A COLABORAR DE MANEIRA PERSOAL POLA RETIRADA DA ORDEANZA CIVICA CA RECOLLIDA DE FIRMAS,COLADA DE CARTACES,PARTICIPACION EN ASSEMBLEAS,CONCENTRACION A CUAL SO ASISTIMOS 4 MEMBRoS DO NOSO COLECTIVO E 3 DO MADIA LEVA!...
E DENDE AQUI EXPRESA QUE TAMEN NOS OPOÑEMOS FIRMEMENTE A ESTAS MEDIDAS QUE ESTA A TRATAR DE FACER O GOVERNO DO PSOE DUNHA MANEIRA FASCISTA E ANTI-DEMOCATICA AINDA QUE NESTE DOCUMENTO NOM RECOLLA A NOSA PARTICIPACION.

Tamara Liberdade.


Situacion actual de Tamara
Este 15 de Marzo fixo tres meses que a nosa amiga e compañeira Tamara se encontra secuestrada polo Estado.

Actualmente baixoo orden da dirección da carcel de Brians I ten intervidas as comunicacions, limitándo as visitas aos seus familiares o igual que as chamadas telefónicas.

O correo teno intervido.

Negouselle un recurso que se puxo pedindo a liberdade provisional.

Envio de faxes pola nosaa compañeira Tamara
Ante as condicions de incomunicación a que se está sometendo a compañeira Tamara dentro do módulo de mulleres de Can Brians I, decidimonos a presionar os responsables da sua situación.

Adxuntamos un modelo de fax para enviar a Instituciones Penitenciarias. O texto e o seguiente:

A la atención del Sr. Batlle i Bastardas, Secretario de Servicios Penitenciarios, Rehabilitación y Servicio juvenil de la Generalitat de Catalunya;
Estas líneas que siguen tienen como fin último denunciar la situación penitenciaria que está soportando la presa anarquista Tamara Hernandez Heras dentro del módulo de mujeres de Can Brians I. Como ya sabrá, a Tamara se le está negando todo contacto con el exterior más allá de su ámbito familiar, imposibilitando la comunicación oral con su entorno afectivo más cercano. Vemos dicha medida como un castigo por la lucha que, tanto Tamara como otras personas, están llevando a cabo contra la cárcel y la sociedad que la legítima y necesita.
En los últimos años ya han pasado, por las cárceles catalanas, varios presxs políticos con condenas firmes mucho más severas que la que, presumiblemente, pueda cumplir nuestra compañera Tamara. Sin embargo, no existen precedentes de una medida similar, por lo que todo apunta a que es su especial recelo contra las luchas anticarcelarias, que denuncian a su persona como máximo responsable de los crímenes que acaecen dentro de los muros, lo que motiva el castigo impuesto. Ello no hace más que cargarnos de argumentos y darnos más fuerza para seguir protestando contra la injusticia que se vive dentro y fuera de las cárceles.
Hemos de hacerle saber que apoyamos incondicionalmente a nuestra compañera Tamara en todos los actos que materialicen, de una manera u otra, el enfrentamiento contra el poder institucional que usted representa. Peca usted de inocente si piensa que vamos a mirar a otro lado mientras ustedes intentan romper su ánimo mediante la incomunicación o cualquier tipo de restricción. No va a llegar el día, Sr. Batlle, en el que dejemos solxs a nuestrxs compañerxs presxs y resulta casi penoso que después de tantos años al frente de la Institución Penitenciaria así lo crea.
Nos despedimos por esta vez, esperando que reflexione y deponga su actitud para con nuestra compañera Tamara.

Devese enviar a:

Dirección dos SERVEIS PENITENCIARIS
Albert Batlle i Bastardas
Fax 93 214 01 79

Can Brians I
Fax 937 71 36 61

Otexto podese descragar no seguinte link:

http://barcelona.indymedia.org/newswire/display/390305/index.php

Agora mesmo estamos pendentes de novos movementos por parte da sua defensa, o que pode levar a cambios dentro do proceso xudicial.

Sabemos que apenas se difundiu información do seu caso, pero a cárcel e a xusticia non sabe de vidas, de tempos.

Tamara encontrase forte, con ánimos, pois o que nos di e que se está sentindo moi apoyada pola sua familia e por compañeirxs, que estamos demostrándolle que a pesar dos muros que nos separan sente a nosa cercanía. Non fai más que recordarnos que o seu caso e un de millons.

Nos non olvidamos por qué ela se encontra secuestrada, e que a su luita, nosa luita non acaba unna vez un está encerradx. A solidaridade activa e o apoyo mutuo e molesto para o Estado asasino.A nosa resposta seguir luitando.

Cárceles demolición

Presxs a rua a luita continua.

Concerto CSO Casa das Atochas.

Oscar e Jurjo liberdade.

Dende as BAF Lugo queremos ofrecer tudo o nosso apoio e solidariedade com Oscar e Jurjo, detidos pola Policia espanhola en Salcedo. Sumamo-nos a exigir a volta a Galiza e a inmediata liberdade dos dous companheiros de Vigo. Queremos tambem ofrecer tudo o nosso apoio e colaboraçom no que seja possivel aos seus familiares e amigos. Adjuntamos aqui os dous enderezos, animando a tudos vos a escriber-lhes:

Óscar Sánchez Blanco
Centro Penitenciario de Madrid V
Ctra. Comarcal 611, km. 37,6
28770 Soto del Real (Madrid)
Espanha

Xurxo Rodríguez Olveira
Centro de Menores Los Rosales
Calle Monseñor Oscar Romero 0
28025 Madrid
Espanha

para mais informaçom adjuntamos a web dos companheiros de CEIVAR, que esta sendo actualizada constantemente coas novas referentes a situaçom dos detidos.

http://www.ceivar.org/




OSCAR, JURJO , LIBERDADE!

Concerto Solidario Meixide Ferrol