martes, 30 de noviembre de 2010
Paralizadas as obras do parque Rosalia de Castro
Esta nova ben a dar a razon a luita da Asociación en Defensa do Parque que leva cinco anos protestando contra esta agresion urbanística.
Rosalia Nom Se Vende!
lunes, 29 de noviembre de 2010
Alarma! Orde de desaloxo para O CSO Casa das Atochas (Corunha).
A xuíza que instrúe o caso da Casa das Atochas xa mandou a temida carta de requerimento de desaloxo para o vindeiro 9 de decembro.
Este centro social okupado no céntrico barrio das Atochas convertiuse por dereito propio nun referente contracultural e de loita social no plano local e incluso galego. Dous anos e medio de incesantes actividades á marxe do capitalismo e da xerarquía avalan a súa bagaxe autónoma e autoxestionaria.
Moitos foron os proxectos, loitas e actividades antirrepresivas ou solidarias financiados gracias á okupa; moitos foron os concertos, pases de video, palestras e obradoiros que dinamizaron unha cidade antes marcada polo tedio e a apatía. Pronto chegará o momento no que faga falla a solidariedade de todxs aquelxs amigxs que desexen amosar o seu apoio a tan prolífico como gamberro proxecto. Todxs seremos necesarixs.
Atentxs, pois seguiremos informando.
Mantemos as actividades programadas.
Contra o capital e a especulación, que viva a okupación!
A Casa das Atochas non se desaloxa!
viernes, 26 de noviembre de 2010
LUGO SEN DESCANSO
miércoles, 24 de noviembre de 2010
Concentracion Lugo 25 N Contra a violencia machista.
O dia 25 de novembro, as 19h00 teremos na cidade Lucense unha concentracion na praza Maior polo dia contra a violencia machista.
As cifras de mortes contínua e neste ano superan xa s dos anteriores. As instituicions seguen a ser cumplices recurtando gastos e mantendo unha dupla moral. No caso de Lugo olhase claramente as reaccions políticas que se estan a dar pola operacion "Carioca", pedindo presunciom de inocencia para proxenetas e policias que terian torturado e explotado de xeito selvaxe a dúcias de mulheres.
Organiza:Colectivo Enriqueta Otero.
DENDE AS BAF LUGO ANIMAMOS A ACUDIR EN MASA A ESTA CONCENTRACION NA QUE RECORDAREMOS AS VITIMAS DA VIOLENCIA MACHISTA.
lunes, 22 de noviembre de 2010
MANIFESTACION 22 N
Charla sobre a loita Mapuche.
LUGAR:LOCAL DO SINDICATO DE OFICIOS VARIOS DA C.N.T DE LUGO(Ramiro Rueda ,Nº 15-entrecha dereita)
DATA: 23 DE NOVEMBRO DE 2010, 20:00 h.
A lota do pobo mapuche,Diego Garcia ( Coite de Apoio ao Pobo Mapuche):
Dende que reventaron novamente ,os conflictos reivindicativos de terras a mediados dos noventa, o pobo Mapuche, en proceso de liberacion, ven sofrindo unha forte persecucion politica.Pese a isto,o pobo Mapuche segue firme na sua loita pola sua liberacion,segue enfrentandose duramente ao estado chileno.
CNT LUGO
sábado, 20 de noviembre de 2010
Exposicion CeNTenario Lugo
Sauda a todos os obreiros,o tempo que vos invita a asistir a Exposicion que con motivo do centenario de esta central sindical, colgaran na sala Uxio Novoneyra sita na Rua Quiroga Ballesteros de esta cidade desde o dia 12 o 25 de Novembro do ano en curso.
A exposición está basada no libro "Cien imágenes para un centenario. CNT (1910-2010)" . O libro esta editado pola Fundación Anselmo Lorenzo (FAL).
O libro pretende resumir a historia da CNT e do movemento obreiro a partir de cen acontecementos históricos. Cada un destos, será tratado nunha doble páxina;na da dereita recollese unha imaxe alusiva (fotografía, grabado, cartel…) e na páxina da esquerda está o comentario de algún especialista (historiadores, pedagogos, economistas, periodistas…). As imáxes agruparánse en 6 grupos temáticos: As Raíces (1836-1874), os Oríxenes (1874-1910), Os Primeros Pasos (1910-1931), a Revolución (1931-1939), A Loita (1939-1975), A Reconstrucción (1975-2010).
A exposición está montada seguindo o mesmo esquema e poñendo en paneis as mesmas fotografías, pero sin os
comentarios escritos que van a aparecer no libro.
viernes, 19 de noviembre de 2010
I Xornadas Antifascistas Ourense 20 N
20 NOVEMBRO: I XORNADAS ANTIFASCISTAS EN OURENSE
----------------------------------------------------------------------
O sabado 20 de novembro organizaranse en Ourense unhas xornadas antifascistas. As actividades progamadas son as seguintes:
* Torneo Futbol-Sala
Lugar: Campo da feira
Hora: O redor das 10:30 h. (depende dos equipo apuntados)
Prezo: 15 euros/equipo
Para apuntarse enviar nome de equipo a: castrodeescuadro@hotmai.com ou ben siareirolololo@hotmail.com
Para pagar e tamen apuntarse podese facer no Bar feijoo ou ben o 13 de Novembro durante o Magosto de Ouligans.
Comida- Pinchada: Empanada, tortilla, chourizo,lacón, viño e cerveza
Lugar: Campo da feira
Hora: 14:30 h.
Prezo: 5 euros para os participantes no torneo de futbol sala e 10 euros para o resto.
*Concentracion antifascista no casco vello
Lugar: Praza do ferro
Hora: 19:00 h.
*CONCERTO OI!
STREET KIDS (Skinhead oi! & rock dende París) www.myspace.com/streetkidsoi 16 BALAS (Hardcore oi! a gudiña) www.myspace.com/16balas
Lugar: Café auriense
Hora: 20:30h.
Prezo: 7 euros
-----------------------------------------------------------------------------------------------------
OS BENEFICIOS DAS XORNADAS IRÁN DESTINADAS A SUFRAGAR MULTAS DE ANTIFASCISTAS.
É importante que a xente se involucre e participe nestas xornadas.
Os prezos son asequibles e non serán unha barreira, xa que por 15 euros podedes participar no torneo, comer, beber e acudir o concerto.
ORGANIZAN:KOMANDO BURUNDI E OULIGANS
martes, 16 de noviembre de 2010
18 N Homenagem a I Assembleia Nacionalista
lunes, 15 de noviembre de 2010
POÑAMOS FIN A REPRESIÓN DA DITADURA MARROQUI
SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUI
A ditadura marroquí, coa complicidade das institucións internacionais ONU e Unión Europea e a posición dos diferentes gobernos do estado español de non cumprir ca responsabilidade que como potencia descolonizadora teñen, está levando a cabo un xenocidio contra o pobo saharaui.
Asasinatos, detencións, torturas e desaparicións de detidos, esta na orde do día nesta espiral de violencia desatada por Marrocos que usurpa desde hai máis de 35 anos un territorio que nunca lle pertenceu e nin a ONU lle recoñece.
É precisa a solidariedade para parar este xenocidio, e tentar levar ós culpables diante dos tribunais internacionais.
O actual goberno do estado español, non pode seguir escondendo as súas responsabilidades e debémoslle esixir que actúe con determinación diante dos organismos internacionais e que defenda, tamén neste caso, os dereitos humanos que se están a conculcar pola sanguenta ditadura do monarca alauita.
APOIA A MANIFESTACIÓN QUE SE VAI CELEBRAR EN LUGO O PRÓXIMO DÍA 22, E QUE SALIRÁ ÁS 20 HORAS DE DIANTE DA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA PRAZA DE ARMAÑÁ.
SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUI
ABAIXO A DITADURA MARROQUI
POLA CREACIÓN DUN ESTADO SAHARAUI
SOLIDARIDADE CO SAHARA
domingo, 14 de noviembre de 2010
PROXECCIÓNS ANTIFASCISTAS
Na cidade Lucense non paramos e seguimos neste mes de Novembro a recordar a todxs aquelas vitimas do franquismo e mais a todxs as loitadoras contra o fascismo:
Mercore 17 as 19.00 no CS Madia Leva! proxeccion do documentario "MEMORIA,DIGNIDAD Y LUCHA"(La Plataforma)
Xoves 25 as 20.00 no CS Madia Leva! proxeccion do documenatio"OS MAQUIS,MOVEMENTO GUERRILLEIRO NA GALIZA"
O militante independentista R.Meixide.M. será julgado o 16 Novembro na Corunha acusado de agressom a um militar membro de falange espanhola. Os facto aconteceron quando o independentista viu colar a este militar colantes fascistas da falange. El recriminoulho polo que o fascista sen mediar palavra sacou un coitelo de grandes dimenssons e produciuse o enfrontamento.
A Fiscalia pide 4 anos para o independentista e a acussaçom 12 anos e 12 mil euros.
TODO@S A CORUNHA!
FASCISTAS FORA DA GALIZA!
jueves, 11 de noviembre de 2010
Carlos DEP 3 ANOS SEN TI
Carlos 3 anos sen ti 3 anos contigo.
miércoles, 10 de noviembre de 2010
Deixanos o camarada Martinho D.E.P
Umha vez recuperada a liberdade, Martinho continua o seu compromisso nacionalista através de distintos projectos e dinámicas, convertendo-se num referente dumha nova geraçom de independentistas e caracterizando-se pola defesa irrenunciável dos princípios, a humildade e o companheirismo. Esta iniciativa popular em defesa do direito de Autodeterminaçom para a Galiza tivo o grandíssimo honor e o orgulho de contar nas suas fileiras com um obreiro, um combatente e um patriota galego da talha humana e política de José Manuel Sanmartim Bouça.
Hoje, quando a dor nos aperta, queremos reconhecer a esse home singelo com essa capacidade tam inusual para formular as questons mais complexas da forma mais simples e compreensível. Ali onde te encontres, Martinho, que saibas que recolhemos o teu esforço e o teu exemplo e que nom pararemos até conquistar a liberdade da terra.
Até sempre, companheiro e irmao!