SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUI
A ditadura marroquí, coa complicidade das institucións internacionais ONU e Unión Europea e a posición dos diferentes gobernos do estado español de non cumprir ca responsabilidade que como potencia descolonizadora teñen, está levando a cabo un xenocidio contra o pobo saharaui.
Asasinatos, detencións, torturas e desaparicións de detidos, esta na orde do día nesta espiral de violencia desatada por Marrocos que usurpa desde hai máis de 35 anos un territorio que nunca lle pertenceu e nin a ONU lle recoñece.
É precisa a solidariedade para parar este xenocidio, e tentar levar ós culpables diante dos tribunais internacionais.
O actual goberno do estado español, non pode seguir escondendo as súas responsabilidades e debémoslle esixir que actúe con determinación diante dos organismos internacionais e que defenda, tamén neste caso, os dereitos humanos que se están a conculcar pola sanguenta ditadura do monarca alauita.
APOIA A MANIFESTACIÓN QUE SE VAI CELEBRAR EN LUGO O PRÓXIMO DÍA 22, E QUE SALIRÁ ÁS 20 HORAS DE DIANTE DA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO NA PRAZA DE ARMAÑÁ.
SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUI
ABAIXO A DITADURA MARROQUI
POLA CREACIÓN DUN ESTADO SAHARAUI
No hay comentarios:
Publicar un comentario