martes, 26 de noviembre de 2019

ALERTA ANTIFASCISTA

AGRESIÓN FASCISTA EN LUGO: EN SCULTURE AB FITNESS XIMNASIO

O sábado 9 de novembro un rapaz acudiu ao ximnasio AB Fitness Sculture (Rúa Concepción Arenal, Lugo) coma outro día calquera. No vestiario atopouse con dous rapaces máis mozos ca el (entre 20 e 25 anos) aos que escoitou falar barbaridades sobre o feminismo, facendo comentarios de tipo racista e xenófobo a favor do partido ultra dereitista VOX . Ao acabar de cambiarse, cun ton sarcástico espetoulles aos rapaces un “qué, a votar a los nazis no?” ante o cal houbo un intercambio de palabras sen importancia.
Xa na sala de máquinas do ximnasio, aos poucos, un dos mozos baixou e chocoulle o ombro con forza, ante o cal este empuxouno para quitalo de encima. Comeza a haber gritos como “Qué pasa por ser de VOX eh? Por eso soy un nazi??” e achégase nese momento un home duns 50 anos gritando o mesmo que o rapaz. Outro rapaz alleo ás partes púxose no medio impedindo que se lle botasen enriba outros máis que comezaban a avanzar cara el. O home de 50, intentando golpealo en repetidas ocasións, empezou a chamarlle “rojo” e “comunista” gritando totalmente fora de si ata que xa chegou un momento onde se puxo a realizar o saúdo fascista gritando “heil Hitler!” e sinalando o brazo “Claro que soy nazi, algún problema?”. Ante isto, o rapaz non tivo máis remedio que saír rapidamente do ximnasio por medo a unha agresión maior.
Días despois volveu pasarse polo ximnasio para pedir falar coa dirección do centro. Ante a súa incredulidade, non só non fixeron nada, senón que recoñeceron que houbera outras situacións coma esas tempo atrás no ximnasio, mesmo había un tipo que se paseaba cunha esvástica tatuada e nunca foi recriminado por isto. Pese ás reiteradas peticións de pórse en contacto co dono, negáronllo alegando que ambos deberían pedir perdón, e que a vítima fora quen provocara o incidente, poñendo no mesmo nivel un intento de agresión nazi cunha discusión sen importancia. 
A permisividade ante estas actitudes non debera producirse en ningures, pero parécenos moito máis grave nun ximnasio, onde se mestura xente de todas as idades, xéneros e condicións co fin de cultivar o seu corpo; por iso facemos este comunicado. Non podemos calar ante esta insultante apoloxía do fascismo e ao posterior encubrimento e branqueo.
Ningunha agresión sen resposta!

BAF LUGO 2009.