miércoles, 13 de marzo de 2019

COMUNICADO X ANIVERSARIO BAF LUGO

Consideramos que en todos estes anos fixemos un bo traballo conxunto con outras organizacions contra esta lacra fascista conseguindo ter a nosa cidade limpa de elementos e simboloxia de extrema dereita deixando a sua presenza en anecdotica, asi como organizando e colaborando en multitude de actos, manifestacions, homenaxes etc. de ambito antifascista.
Seguimos o camiño marcado por colectivos antifascistas anteriores a nos na nosa cidade como foron O Trasno ou o Colectivo Antifascista O Piloto, dos cales aprendimos e tivemos sempre presentes como referencia.
Nacimos coa necesidade de unha resposta no seu momento en Marzo do 2009, e creemos que agora en este 2019 a nosa actividade e mais necesaria que nunca.
Levamos tempo retirados das rrss, non asi da nosa loita, nunca deixamos de estar presentes na rùa, de unha ou de outra forma.
Corren tempos dificiles, nos que o fascismo parece que volta a estar mais presente que nunca tanto nas ruas como nas institucions, alimentado por partidos politicos e colectivos de extrema dereita e asociacions fascistas, radicalizando o seu argumentario publicamente destapando a sua verdadeira ideoloxia ,que nos sempre tivemos clara cal era, e outros que veñen cargados de un discurso de odio: racista, fascista, homofobo, machista etc. que nos non imos permitir nas nosas ruas nin nos nosos barrios.
Dende o noso colectivo respostaremos a os ataques coa autodefensa e a accion, fundamentos que sempre formaron parte do noso ideario, como Antifascistas consideramos lexitima esta forma de loitar tanto de maneira autonoma como colectiva contra o fascismo, tendo claro que a unidade de todxs e a mellor maneira de actuar.
Animamos a aquelxs que tamen teñan este plantexamento a seguirnos en este camiño de loita contra o fascismo e todas as suas formas de expresiòn.
Anunciamos que para este o noso 10 aniversario que se cumple en este 2019 faremos unha serie de actos nos que conmemoraremos esta decada de existencia do noso colectivo na cidade  Lucense, dos que vos manteremos informadxs.

FORA FASCISTAS DAS NOSAS RUAS
O FASCISMO AVANZA SI NON SE COMBATE
BAF LUGO 2009-2019

martes, 12 de marzo de 2019

CONTRA O FASCISMO NIN UN PASO ATRAS

Dende as BAF Lugo(Brigadas Antifascistas) queremos denunciar a terrible agresion sufrida por un compañeiro e amigo do noso colectivo na cidade de Ferrol por uns energumenos de extrema dereita a pasada semana, asi como mandarlle a nosa forza e apoio incondicional.
Este tipo de actos da extrema dereita merecen unha resposta contundente.

NINGUNHA AGRESION SEN RESPOSTA