Mostrando entradas con la etiqueta lugo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lugo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Concentracion Lugo 25 N Contra a violencia machista.


O dia 25 de novembro, as 19h00 teremos na cidade Lucense unha concentracion na praza Maior polo dia contra a violencia machista.
As cifras de mortes contínua e neste ano superan xa s dos anteriores. As instituicions seguen a ser cumplices recurtando gastos e mantendo unha dupla moral. No caso de Lugo olhase claramente as reaccions políticas que se estan a dar pola operacion "Carioca", pedindo presunciom de inocencia para proxenetas e policias que terian torturado e explotado de xeito selvaxe a dúcias de mulheres.

Organiza:Colectivo Enriqueta Otero.

DENDE AS BAF LUGO ANIMAMOS A ACUDIR EN MASA A ESTA CONCENTRACION NA QUE RECORDAREMOS AS VITIMAS DA VIOLENCIA MACHISTA.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Charla sobre a loita Mapuche.

CHARLA-CONFERENCIA DE DIEGO GARCIA,DO COMITE DE APOIO AO POBO MAPUCHE

LUGAR:LOCAL DO SINDICATO DE OFICIOS VARIOS DA C.N.T DE LUGO(Ramiro Rueda ,Nº 15-entrecha dereita)

DATA: 23 DE NOVEMBRO DE 2010, 20:00 h.




A lota do pobo mapuche,Diego Garcia ( Coite de Apoio ao Pobo Mapuche):

Dende que reventaron novamente ,os conflictos reivindicativos de terras a mediados dos noventa, o pobo Mapuche, en proceso de liberacion, ven sofrindo unha forte persecucion politica.Pese a isto,o pobo Mapuche segue firme na sua loita pola sua liberacion,segue enfrentandose duramente ao estado chileno.

CNT LUGO

domingo, 14 de noviembre de 2010

PROXECCIÓNS ANTIFASCISTAS



Na cidade Lucense non paramos e seguimos neste mes de Novembro a recordar a todxs aquelas vitimas do franquismo e mais a todxs as loitadoras contra o fascismo:

Mercore 17 as 19.00 no CS Madia Leva! proxeccion do documentario "MEMORIA,DIGNIDAD Y LUCHA"(La Plataforma)

Xoves 25 as 20.00 no CS Madia Leva! proxeccion do documenatio"OS MAQUIS,MOVEMENTO GUERRILLEIRO NA GALIZA"

lunes, 25 de octubre de 2010

Recordo Vitimas Franquismo.

LUGO 29 Setembro do 2010

ACTO EN RECORDO A OS ULTIMOS 5 ASESINADOS DO DITADOR FASCISTA FRANCO E A TODAS AS VITIMAS DO FRANQUISMO

Como fai un ano, dous, catro ou 35, cada setembro seguimos lembrando aos asasinados o 27 de setembro de 1975: Baena, Sánchez-Bravo, García Sanz, Paredes Manot “Txiki” e Otaegi, militantes de organizacións antifascistas .

En Galiza, Euskadi, Catalunya, Madrid, País Valencià e outros puntos do estado español, fixeronse actos que lembren os últimos asasinatos do ditador fascista Franco, un mes e medio antes de morrer miserablemente. Nestes actos seguirase pedindo a anulación destes e de todos os xuízos do fascismo español e a aplicación do principio universal de verdade, XUSTIZA E REPARACIÓN. E, pola proximidade de datas, o secuestro e entrega da Gestapo aos fascistas españois do President da Generalitat, Lluís Companys e a súa posterior execución no castelo de Montjuïc.

Estes actos, máis aló de ser homenaxes particulares o son universais porque constitúen un recoñecemento a todos e todas as antifascistas do estado español, a todos e todas aquelas que deron a súa vida pola liberdade, aos asasinados en xuízos farsa, aos escravos e escravas do fascismo, aos maquis, aos inmolados e inmoladas nos campos de exterminio nazis, aos que loitaron nas duras condicións de clandestinidade contra o fascismo, nos cárceres, o exilio?, até a morte do ditador e durante os “anos de chumbo” da chamada Transición do réxime e os seus cómplices “demócratas”. E, desde logo, a denuncia desa pirueta xurídica que cualifica aos militantes antifascistas que utilizaron todos os medios posibles para loitar contra a ditadura de “terroristas”.

En momentos como os actuais, onde un fascismo adaptado ás novas necesidades do capital, segue sendo culpable de convulsións económicas e políticas e retrocesos, gravísimos retrocesos, nos dereitos sociais e democráticos conseguidos a través da loita, non sería van lembrar, que, a pesar da “Transición” e aos “Pactos da Moncloa”, os trinta e cinco anos trascurridos, non nos deron nin unha sociedade máis xusta, nin os dereitos de decisión, nin maior grao de democracia, nin a ampliación substancial dos dereitos participativos, nin a restitución da legalidade republicana. Por tanto, a loita pola ruptura democrática, baixo outras circunstancias políticas e organizativas, segue vixente xunto ao seu carácter antifascista.

Outro setembro máis, a pesar dos intentos de indución á amnesia colectiva e á criminalización da memoria das últimas vítimas do franquismo, non esquecemos.

BAF LUGO

miércoles, 20 de octubre de 2010

Xornada Recordo Victimas Franquismo.




Este vindeiro dia 29 teremos unha xornada de recordo os ultimos fusilados do franquismo no recentemente cumprido 35 aniversario do seu asesinato,o pasado 27 de Setembro.
As 20:00 Proxectaremos o documentario SEPTIEMBRE DEL 75 no CS Madia Leva!
As 21:30 Concentracion na Praza Maior de Lugo en recordo a estas e outras persoas asesinadas durante a epoca Franquista e para que non sexa outro setembro mais de impunidade por parte do Estado Espanhol.


Este e o primeiro de moitos actos que teremos nestes meses que adicaremos o recordo de estas victimas e do vivido durante a ditadura Franquista,por medio de concentracions,charlas,documentarios etc.

SOLIDARIEDADE CAS VICTIMAS DO FRANQUISMO!!!

lunes, 11 de octubre de 2010

Martes 12 de Outubro.

Este Martes 12 de outubro chegan o fin estas 1as Festas Alternativas na cidade Lucense e coma remate teremos a II Polbada contra a Hispanidade no CS Madia Leva! a partires das 14:30 10 E
E a partires das 19:30 a proxeccion de SkinHead actitude con petiscos e boa musica Punk-Oi.

domingo, 10 de octubre de 2010

lunes, 30 de noviembre de 2009

Concentraçon na contra da constituçom espanhola.


Este vindeiro sabado 5 de decembro o nosso colectivo convoca a cidadania lucense a sair a rua no 31 aniversario da Constituçom Espanhola a cual non nos representa.
Esta constituçom e claramente fascista ,racista etc.
Por isso convocamos e difundimos a acudir este sabado as 20:00 horas a Praça de Armanha(ENFRENTE DA SUBDELEGAÇOM DO GOVERNO)a todos e todas a berrar na contra dista constituçom que nada ten que ver connosco.