miércoles, 10 de noviembre de 2010

Deixanos o camarada Martinho D.E.P

Participante na Causa Galiza desde os seus começos em 2007, Martinho foi e será para nós um exemplo de generosidade, entrega e combatividade na luita pola liberaçom nacional deste país. Implicado desde novo na luita política e sindical, milita no Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) desde os seus inícios, resultando detido, torturado, encarcerado em duas ocasions e dispersado durante anos ao longo da geografia penitenciária espanhola.

Umha vez recuperada a liberdade, Martinho continua o seu compromisso nacionalista através de distintos projectos e dinámicas, convertendo-se num referente dumha nova geraçom de independentistas e caracterizando-se pola defesa irrenunciável dos princípios, a humildade e o companheirismo. Esta iniciativa popular em defesa do direito de Autodeterminaçom para a Galiza tivo o grandíssimo honor e o orgulho de contar nas suas fileiras com um obreiro, um combatente e um patriota galego da talha humana e política de José Manuel Sanmartim Bouça.

Hoje, quando a dor nos aperta, queremos reconhecer a esse home singelo com essa capacidade tam inusual para formular as questons mais complexas da forma mais simples e compreensível. Ali onde te encontres, Martinho, que saibas que recolhemos o teu esforço e o teu exemplo e que nom pararemos até conquistar a liberdade da terra.


Até sempre, companheiro e irmao!

sábado, 6 de noviembre de 2010

Magosto Popular dos Centros Sociais.


Este xoves, dia 11 de novembro, celebran outro ano mais o magosto organizado conxuntamente polos centros socias lucenses Mádia Leva! e Vagalume. Será na praza do Campo desde às 19h00. Como sempre teran castañas, viño, cervexa e foliada

viernes, 5 de noviembre de 2010

EU NOM TE ESPERO


RATZINGER FORA DA GALIZA

viernes, 29 de octubre de 2010

Festa Popular do Samain en Lugo.


O dia 31 de outubro celebrase a festa do Samain no Mádia Leva! Esta é unha celebracion de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Dia dos defuntos ou Dia de Todos os Santos.Como tantas outras, esta festa está a ser recuperada desde diversos ámbitos, entre eles os centros sociais galegos.

A noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verao e chega o inverno. Nesta noite as ánimas das mortas e mortos ultrapassam a porta que separa o mundo dos mortos e o dos vivos e visitan as moradas das suas familias para quentar-se e comer algo. É isto será o que faremos no centro social comendo e quentando-nos do frio con unha queimada , boa música e as cabazas próprias da festa.

Às 20h00. Obradoiro de cabazas e charla sobre o significado do Samain.
Às 21h00. Petiscos.
Às 22h00. Queimada.

miércoles, 27 de octubre de 2010

Xuntanza Siareiros Galegos comarca de Lugo


Maña xoves 27, as 20:00h no CS MADIA LEVA! xuntanza Siareiros Galegos Comarca de Lugo.

lunes, 25 de octubre de 2010

Recordo Vitimas Franquismo.

LUGO 29 Setembro do 2010

ACTO EN RECORDO A OS ULTIMOS 5 ASESINADOS DO DITADOR FASCISTA FRANCO E A TODAS AS VITIMAS DO FRANQUISMO

Como fai un ano, dous, catro ou 35, cada setembro seguimos lembrando aos asasinados o 27 de setembro de 1975: Baena, Sánchez-Bravo, García Sanz, Paredes Manot “Txiki” e Otaegi, militantes de organizacións antifascistas .

En Galiza, Euskadi, Catalunya, Madrid, País Valencià e outros puntos do estado español, fixeronse actos que lembren os últimos asasinatos do ditador fascista Franco, un mes e medio antes de morrer miserablemente. Nestes actos seguirase pedindo a anulación destes e de todos os xuízos do fascismo español e a aplicación do principio universal de verdade, XUSTIZA E REPARACIÓN. E, pola proximidade de datas, o secuestro e entrega da Gestapo aos fascistas españois do President da Generalitat, Lluís Companys e a súa posterior execución no castelo de Montjuïc.

Estes actos, máis aló de ser homenaxes particulares o son universais porque constitúen un recoñecemento a todos e todas as antifascistas do estado español, a todos e todas aquelas que deron a súa vida pola liberdade, aos asasinados en xuízos farsa, aos escravos e escravas do fascismo, aos maquis, aos inmolados e inmoladas nos campos de exterminio nazis, aos que loitaron nas duras condicións de clandestinidade contra o fascismo, nos cárceres, o exilio?, até a morte do ditador e durante os “anos de chumbo” da chamada Transición do réxime e os seus cómplices “demócratas”. E, desde logo, a denuncia desa pirueta xurídica que cualifica aos militantes antifascistas que utilizaron todos os medios posibles para loitar contra a ditadura de “terroristas”.

En momentos como os actuais, onde un fascismo adaptado ás novas necesidades do capital, segue sendo culpable de convulsións económicas e políticas e retrocesos, gravísimos retrocesos, nos dereitos sociais e democráticos conseguidos a través da loita, non sería van lembrar, que, a pesar da “Transición” e aos “Pactos da Moncloa”, os trinta e cinco anos trascurridos, non nos deron nin unha sociedade máis xusta, nin os dereitos de decisión, nin maior grao de democracia, nin a ampliación substancial dos dereitos participativos, nin a restitución da legalidade republicana. Por tanto, a loita pola ruptura democrática, baixo outras circunstancias políticas e organizativas, segue vixente xunto ao seu carácter antifascista.

Outro setembro máis, a pesar dos intentos de indución á amnesia colectiva e á criminalización da memoria das últimas vítimas do franquismo, non esquecemos.

BAF LUGO

jueves, 21 de octubre de 2010

Actos Novembro 2010

Nos vindeiros dias colgaremos o cartaz dos actos que faremos neste vindeiro mes de Novembro no que teremos diversas proxeccions de documentarios adicados a vitimas do franquismo e a loita Antifranquista,esperamos poder contar con diversas palestras e algun que outro pequeno concerto Antifascista.