lunes, 20 de septiembre de 2010

en breves.... I Festas Alternativas San froilan 2010


Xa dispoñedes do link do blog das " I Festas Alternativas San Froilan", na marxe dereita,en Paxinas de interese de Lugo.

III Aniversário [Vermouth, comida, bilharda, cursos e festa]‏



O dia 25 de setembro celebramos o nosso terceiro ano de vida e trabalho na comarca de Lugo. Um jantar popular , bilharda e apresentaçom dos cursos para este ano. Se queres participar no jantar cumpre confirmar antes do dia 24, no mail madialeva.gz@gmail.com ou no telefone 627232479

As actividades programadas para o dia:
12h30. Sessom vermouth
14h00. Jantar popular.
17h00. Aberto de bilharda. Parque Rosalia de Castro. Vem e participa!!
20h00. Apresentaçom dos cursos 2010/2011 , música e petiscos.

Este ano haverá os seguintes cursos:
-Gaita.
-Pandeireta(iniciaçom).
-Esgrima medieval.
-Defesa pessoal.

Também haverá obradoiros gratuitos de costura e dança galega.

lunes, 6 de septiembre de 2010

Locutorio Rápido San Roque continúa a colaborar co fascismo



A revista "Identidad" de corte xenófobo e fascista continúa a atopar sitio nos estantes dun coñecido establecemento ubicado na multicultural rúa de San Roque. O Locutorio Rápido 24 h continúa a deixar espazo a esta publicación malia ter sido informado por parte dalgún dos seus clientes sobre a información da mesma.

Queremos considerar aínda a estas alturas o problema como unha situación de desinformación, mais apelamos ó sentido común de todos os seus clientes habituais para amosar o seu malestar diante dunha problemática que parece prolongarse dun xeito perigoso. Dende Lugo Antifascista pregamos ó Locutorio que reconsidere a súa postura xa que está incurrindo na financiación dun medio contrario á realidade do propio establecemento, posto que parte do plantel está composto por traballadores imigrantes, e contrario ó do propio barrio de San Roque, unha das zoas da nosa cidade que veu medrar a multiculturalidade e multirracialidade nos últimos tempos de xeito estraordinario.

Ademais é preciso colaborar no boicot activo sobre todo tipo de publicacións, as que mediante o mensaxe tópico, apodrecido polo uso continuo de chivos expiatorios, pretenden chegar a manipular a opinión pública contra os que son minorías xa de por si discriminadas.

A Orquesta Olympus vólvea a armar. Volume Vilalba





Cando o protagonismo se volve unha droga, a necesidade de facelo palpable faise evidente, de aí que por desgraza volvamos a asistir a un capítulo máis dentro desta escabrosa serie con tintes circenses. Desta vez o escenario elexido para que a banda de "Peke" e compaña fixera das súas foi Vilalba, eixo vilego da Terra Chá, coñecido por selo berce da dereita máis rancia, a mesma que relembrou a este país durante moitos anos que non existía oportunidade para medrar como tal.

O caso que nos atinxe desta vez circunscribe a un grupo de músicos e a unha masa escollida como obxectivo de pezas e proclamas que ó parecer seguen levando os escenarios. Verbeneiros de todo o país sorpréndense de que exista unha orquestra que sexa quen de seguir un camiño tan perigoso como o da descalificación, aumentando a vulnerabilidade de minorías sociais xa de por si acosadas polas circunstancias diarias. O que tamén preocupa é que non sexa un incidente desviado, senón que sexa un comportamento reiterado sobre o que se responde dun modo agresivo incitando ó odio dun modo que non se entende vindo de un grupo que se dirixe a tantas persoas. Están a converter o espectáculo festivo nunha plataforma pergiosa para acadar obxectivos persoais ó non saber encaixar as críticas que parte da poboación lles está a remitir. A súa mala educación, o seu non saber estar está a provocar a polarización da xente diante dun mundo que debería acoller tan só bos momentos.
Para continuar co currículo desastroso desta Orquestra, persoas achegadas a este medio e colectivo narran a función esperpéntica que executaron os membros da Olympus en terras vilalbesas na festividade de San Ramón.Os feitos acaecidos durante o que se supoñía un día de esmorga e desfrute colectivo son os seguintes:

Eran moitas as persoas que se xuntaba ó redor do palco da orquestra no momento da súa actuación. Durante o devir da actuación comezaron a entoarse as reclamadas proclamas patrioteiras do verán ó estilo "yo soy español", sempre co motivo fundado de darlles na cabeza a todos aqueles que hai unhas semanas se lles botaron ó lombo. Esa acaudillaxe dun fundamentalismo ideolóxico tan reducido como o das proclamas foi a gota que comezou a desbordar o vaso que xa leva tempo cheo, posto que coido que a memoria das persoas non é tan malealble e dúctil como algúns queren pensar. Despois dunhas cantas mostras de apropiación da masa, apelando ó espiritu da mesma.

Non entrariamos a valorar no executar do espectáculo de non ser porque este se ten convertido nunha mostra de provocación constante cara a todos aqueles que tentaron que a Orquestra reaccionara diante das súas actuacións. A cuestión pasou a máis cando, de entre as miles de notas que a rapazada lles achega durante os concertos, chegou unha que non era do gusto dos compoñentes. En vez de obviar o feito, ou canto menos reflexionar sobre o mesmo, deron renda a solta a un complexo de provocacións e faltas de respeto que dexenerou até límites que agora mesmo comentaremos. A nota en cuestión, achegada por un mozo que se atopaba diante do escenario, e que polo tanto acudiría ó mesmo de igual xeito que calquera, apelaba ó cantante a demostrar que a interpretación de cancións galegas, como o "Como Baila Carmiña", se fixera cun pouco de respeto ó redor do contido e do modo de interpretar, non adaptándoa a un folclorismo hispano que non se adapta nin o sentir nin o desfrutar de tales pezas.

O que pode ser unha crítica tomada en consencuencia, foi recibida coma un ataque directo que desatou a ira do grupo, en concreto do seu caudillo, Peke, susceptible a calquer modo de pensar contrario ó seu. Axudado polas circunstancias de estar diante dun escenario e diante de tanta xente, aproveitou a situación para encamiñar unha razzia personalista cara o rapaz e os seus compañeiros, poñendo en boca as miseras palabras que sempre argumenta cando se enfronta con este tipo de situacións: "Ya estoy harto de que me acusen de lo que yo no soy", recibindo a contra que se lle fixera dun modo infantil e insensato que amosa o pouco caracter dun grupo que debería estar máis que acostumado a lidiar con todo tipo de público, xa que este mesmo é o verdadeiro factor que corrobora a súa existencia.

Botándose a situación encima e aproveitando que o conflito estaba nas marxes do dificilmente aceptable comezou co seu discurso impositivo. Retomando outra vez o compendio excusatorio co que se defendera das afirmadas mostras de racismo que ten presentado esta orquestra, volveu a repetir o de "yo le llamo negro aquí a mi amigo, y él no me dice nunca nada". Opinión digna do mellor dos colonizadores debería ser rebatida diante do que supón un acoso e derribo xeral, sobre unha problemática aberta, algo que este homiño e compañía descoñecen, posto que viven no seu circunscrito mundo de pintura e luz. De nada vale afirmar que alguen é o teu amigo se o concepto que tes de respeto para el e para todos o que coma el comparten unha condición tan complicada. Non contento con esta necesidade imperiosa de protagonismo foi desplegando sen ambaxes un repertorio de argumentos en contra do noso idioma, reduncíndoo a un fenómeno dialectal, amosando que o seu coñecemento sobre a normativa e situación do mesmo é completamente nulo.
Non contento con estes episodios, que non fan máis que dexenerar a súa figura, acometeu os límites do respetado erixindo unha crónica político-sentimental sobre a españolidade e o valor da mesma dentro da súa persoa, entoando de novo as resitencias españolistas, poñendose de novo no altar das deidades fascistas, cabalgando unha frota de adeptos que se comportaban tal que as masas, desparecendo a súa capacidade para individualizar os argumentos que alí se estaban a verter. Cedo o que foi unha nota de protesta se converteu nun conflito de calado, por mor da vida intensa que algúns queren demostrar para encabezar os seus blogs. O detonante do posterior linchamento dos mozos que á posteriori se organizaron para facer palpable o seu malestar, foi saber que que o señor apodado Peke, non parou até conquistar, como afirman os seus compañeiros de boralla mediática. Despois de condicionar a gran parte dos asistentes, grazas ás facilidades que lle da estar nun escenario, provocou o linchamento total dos mozos alí concentrados que tiveron que aturar golpes e improperios por parte da masa anulada no seu razoar, chegando a sufrir incluso agresións físicas.

Para rematar semellante actuación, Peke e compaña remataron por demostrar até que punto pode chegar a irracionalidade humana, sacando da súa boca o primeiro que el "era español ante todo". Ante tal disparate de melancolía miserable rematou a actuación musical pero non a actuación do personaxe en cuestión.

O peor aínda estaba por chegar. O que posiblemente o que moitos dos seus "fans" non saberán é que o rematar a actuación o ídolo da masas en cuestión baixou até o lugar onde se atopaban os mozos concetrados, e se dirixiu en concreto cara o que lle encamiñara a nota. Actuando dun modo único e inigualable, ou iso dirán os seus seguidores, ameazou verbalmente ó rapaz, proferíndo insultos e empurróns, dando a entender que o seu concepto de autocrítica está soterrado no máis profundo do seu ser. Esas son as razóns que escribe semellante persoal cando sabe que a verdade se lle presume lonxa. Finalmente a masa, acollida detrás do seu caudillo continuou insultando ós mozos que reaccionaron fronte o que se está a converter nunha terrible espiral de odio, sufrindo as iras destes.

Diante do sucedido, non cabe máis que chamar á reflexión e reactivar a campaña que encabezaron hai tan só unhas semanas as compañeiras das Panteras Rosas. Facémoslles chegar a cidadanía que todas as excusas dadas eran un simple lavado de cabo de cara a opinión pública para seguir facendo de modo encuberto e por veces delcarado todo este tipo de demostracións que non caben no marco dunha sociedade democrática na que presumimos vivir. Dende este humilde espazo exhortamos a toda a poboación en xeral e sen distinción que esta atenta as actuacións destes personaxes e que achegue toda ó información ó respecto para que denuncia tras denuncia sexamos capaz de facer que cesen ese comportamento ou polo contrario faise neceseario o boicot directo sobre a presenza dunha Orquestra que non actúa en nome do pobo.

BOICOT OLYMPUS!

viernes, 20 de agosto de 2010

C.S VAGA LUME Actividades Agosto



Xoves 12
19.00h Concertos na tela
20.30h Ciencia ficción

Venres 13
20.30h Ciencia ficción

Luns 16
19.00h Xogos Populares ( Fronte ó concello )

Xoves 19
19.00h Concertos na tela

Venres 20
19.00h Concertos na tela

Mercores 25
21.00h Asamblea

Xoves 26
20.30h Ciencia ficción

Venres 27
20.30h Ciencia ficción

Martes 31
Charla debate

Cantante da Orquestra Olympus insiste na sua homofobia




Sacado do blog da orquesta olympus:
Peke
ATENCION:
Empiezo a estar cansado y empiezo a estar hasta los mismísimos cojones, de tanto subnormal, de tanto sinvergüenza y de tanto paleto asqueroso que va de entendido por la vida intentando joderme. De mi no se rie nadie y a partir de hoy a mi no me jode más ningún baboso asqueroso.
Dicen que el que calla otorga... Pues señores, yo no puedo callarme. Por orgullo, por todo lo que yo sudo por esta orquesta y sobre todo porque me toca defender con uñas y dientes a todos mis compañeros.
Resulta que ahora cualquier persona puede escribir o publicar en cualquier revista o periódico digital lo que le vanga en gana de esta orquesta o incluso sobre nosotros. Pues si cualquier persona puede hacer eso, yo también lo voy hacer aquí. A la persona que ha escrito ese comunicado diciendo que somos racistas y que hacemos gran exaltación españolista, solo le pido que se presente en persona porfavor. Quiero darle el número de teléfono de un centro de deficientes mentales que yo conozco para que se matricule en el próximo curso, y sobre todo quiero saber si es un chico o una chica. Porque si es un tio, quiero y deseo que le den por el culo, y si es una chica me gustaría darle una patada en la cona. Porque estoy hasta los cojones de aguantar a tanto asqueroso y tanto cabrón de mierda.
Yo siempre he sido el moderador de este libro intentando poner orden y serenidad aquí. Pero está claro que aquí si vas de educado de dan por el culo una y otra vez... Pues no señores, a partir de hoy no. Se acabó. Si la gente escribe lo que quiere para jodernos... pues yo también. Pero a esas personas de mierda voy a empezar a desearles lo peor de lo peor todos los días del año si hace falta.
Repito. Estoy hasta los cojones de tanto vandalismo en las fiestas, de tanto gilipollas suelto, de tanto borracho y de tanto hijo de puta intentando jodernos.
Y ahora que venga alguien a decirme que no tengo educación, porque me cago en todos sus muertos.
Que me dejen trabajar en paz ostia, y al que no le guste que no venga PORFAVOR
Publicado por OLYMPUS 2009 E poder de la magia en 11:53

Boicot orquesta olympus!


Dende BAF LUGO unímonos á denuncia colectiva que se está a facer das actuacións racistas e homófobas por parte dunha das Orquestas máis coñecidas do país, no que se ten convertido nun escenario de continua degradación cara as minorías máis silenciadas e acosadas. Poñamos fin a barbarie destes indesexables que se fan chamar músicos non sendo máis que escravos dos complexos e as tópicas que abandeiran todos estes tipos de espectáculos que de populares teñen pouco, porque de ningún modo reflicten os pesares e voces do pobo.

BOICOT OLYMPUS!
FESTAS POPULARES XA!


De todas e todos é sabido os valores discriminatórios e principalmente sexistas que grande número de “afamadas” orquestras galegas reproduzem sobre os cenários nas verbenas e festas populares de toda a Galiza.

Os limites do tolerável, se é que a discriminaçom tem algum grau de tolerância, tenhem sido ultrapassados por umha das orquestras mais contratadas do momento, a orquestra Olympus.

Desde o ano passado, este grupo musical conta com um número em que um componente aparece travestido e outro membro do grupo pergunta: “ entom tu és maricom ou nom? a gente tem direito a saber se és maricom”. Isto entre outro tipo de brincadeiras homofóbicas e transfóbicas em que se denigra as mulheres, em especial as transexuais e os homens gays. Noutro momento da atuaçom: “que las solteras levantem las manos que voy a escoger”.

Este ano o racismo foi incluído no seu repertório, assim nas suas atuaçons podemos ver como se dirigem a um componente afro-cubano do grupo da seguinte maneira: “a ver negro, a ver se dás feito o final como o fai Manolo Escobar!”, “a ver negro, entendes o ‘ghalhegho’?” “mirade, um mulato cantando como um andaluz!”, chamando-lhe também “cola cao do caralho”.

O seu espetáculo musical nutre-se de valores e brincadeiras discriminatórios contra as mulheres, contra o coletivo homossexual e transexual e ultimamente também de carácter racista.

Isto é de umha gravidade ainda maior se pensarmos que som as festas populares, na maioria das vezes totalmente ou em grande parte pagadas com dinheiro público.

Nom podemos permitir que valores inumanos como estes sejam tidos como corretos e menos ainda como divertidos, que tenham cabimento nos nossos festejos. Menos ainda que as instituiçons públicas e ditas democráticas forneçam um lugar e paguem eventos como estes.

Os coletivos e pessoas que abaixo assinamos queremos fazer chegar a nossa mais profunda repulsa por este tipo de espetáculos que suponhem umha apologia da intolerância e os valores discriminatórios. Queremos exigir à orquestra Olympus em particular, e ao resto de orquestras galegas, a imediata reformulaçom dos seus espetáculos de maneira que erradiquem o sexismo, a homofobia, o racismo e qualquer valor discriminatório.

De nom obtermos umha resposta satisfatória continuaremos com o nosso protesto perante a justiça, assim como com as iniciativas sociais de denúncia que considerarmos oportunas.

ASSINA ESTA DENÚNCIA ENVIANDO-NOS UM E-MAIL A: panterasgz(at)gmail(pt)com

Podes fazer chegar a tua queixa individual à orquestra Olympus no seu email: info(at)orquestaolympus(pt)net