lunes, 6 de septiembre de 2010

Locutorio Rápido San Roque continúa a colaborar co fascismo



A revista "Identidad" de corte xenófobo e fascista continúa a atopar sitio nos estantes dun coñecido establecemento ubicado na multicultural rúa de San Roque. O Locutorio Rápido 24 h continúa a deixar espazo a esta publicación malia ter sido informado por parte dalgún dos seus clientes sobre a información da mesma.

Queremos considerar aínda a estas alturas o problema como unha situación de desinformación, mais apelamos ó sentido común de todos os seus clientes habituais para amosar o seu malestar diante dunha problemática que parece prolongarse dun xeito perigoso. Dende Lugo Antifascista pregamos ó Locutorio que reconsidere a súa postura xa que está incurrindo na financiación dun medio contrario á realidade do propio establecemento, posto que parte do plantel está composto por traballadores imigrantes, e contrario ó do propio barrio de San Roque, unha das zoas da nosa cidade que veu medrar a multiculturalidade e multirracialidade nos últimos tempos de xeito estraordinario.

Ademais é preciso colaborar no boicot activo sobre todo tipo de publicacións, as que mediante o mensaxe tópico, apodrecido polo uso continuo de chivos expiatorios, pretenden chegar a manipular a opinión pública contra os que son minorías xa de por si discriminadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario