miércoles, 27 de octubre de 2010

Xuntanza Siareiros Galegos comarca de Lugo


Maña xoves 27, as 20:00h no CS MADIA LEVA! xuntanza Siareiros Galegos Comarca de Lugo.

lunes, 25 de octubre de 2010

Recordo Vitimas Franquismo.

LUGO 29 Setembro do 2010

ACTO EN RECORDO A OS ULTIMOS 5 ASESINADOS DO DITADOR FASCISTA FRANCO E A TODAS AS VITIMAS DO FRANQUISMO

Como fai un ano, dous, catro ou 35, cada setembro seguimos lembrando aos asasinados o 27 de setembro de 1975: Baena, Sánchez-Bravo, García Sanz, Paredes Manot “Txiki” e Otaegi, militantes de organizacións antifascistas .

En Galiza, Euskadi, Catalunya, Madrid, País Valencià e outros puntos do estado español, fixeronse actos que lembren os últimos asasinatos do ditador fascista Franco, un mes e medio antes de morrer miserablemente. Nestes actos seguirase pedindo a anulación destes e de todos os xuízos do fascismo español e a aplicación do principio universal de verdade, XUSTIZA E REPARACIÓN. E, pola proximidade de datas, o secuestro e entrega da Gestapo aos fascistas españois do President da Generalitat, Lluís Companys e a súa posterior execución no castelo de Montjuïc.

Estes actos, máis aló de ser homenaxes particulares o son universais porque constitúen un recoñecemento a todos e todas as antifascistas do estado español, a todos e todas aquelas que deron a súa vida pola liberdade, aos asasinados en xuízos farsa, aos escravos e escravas do fascismo, aos maquis, aos inmolados e inmoladas nos campos de exterminio nazis, aos que loitaron nas duras condicións de clandestinidade contra o fascismo, nos cárceres, o exilio?, até a morte do ditador e durante os “anos de chumbo” da chamada Transición do réxime e os seus cómplices “demócratas”. E, desde logo, a denuncia desa pirueta xurídica que cualifica aos militantes antifascistas que utilizaron todos os medios posibles para loitar contra a ditadura de “terroristas”.

En momentos como os actuais, onde un fascismo adaptado ás novas necesidades do capital, segue sendo culpable de convulsións económicas e políticas e retrocesos, gravísimos retrocesos, nos dereitos sociais e democráticos conseguidos a través da loita, non sería van lembrar, que, a pesar da “Transición” e aos “Pactos da Moncloa”, os trinta e cinco anos trascurridos, non nos deron nin unha sociedade máis xusta, nin os dereitos de decisión, nin maior grao de democracia, nin a ampliación substancial dos dereitos participativos, nin a restitución da legalidade republicana. Por tanto, a loita pola ruptura democrática, baixo outras circunstancias políticas e organizativas, segue vixente xunto ao seu carácter antifascista.

Outro setembro máis, a pesar dos intentos de indución á amnesia colectiva e á criminalización da memoria das últimas vítimas do franquismo, non esquecemos.

BAF LUGO

jueves, 21 de octubre de 2010

Actos Novembro 2010

Nos vindeiros dias colgaremos o cartaz dos actos que faremos neste vindeiro mes de Novembro no que teremos diversas proxeccions de documentarios adicados a vitimas do franquismo e a loita Antifranquista,esperamos poder contar con diversas palestras e algun que outro pequeno concerto Antifascista.

miércoles, 20 de octubre de 2010

Xornada Recordo Victimas Franquismo.




Este vindeiro dia 29 teremos unha xornada de recordo os ultimos fusilados do franquismo no recentemente cumprido 35 aniversario do seu asesinato,o pasado 27 de Setembro.
As 20:00 Proxectaremos o documentario SEPTIEMBRE DEL 75 no CS Madia Leva!
As 21:30 Concentracion na Praza Maior de Lugo en recordo a estas e outras persoas asesinadas durante a epoca Franquista e para que non sexa outro setembro mais de impunidade por parte do Estado Espanhol.


Este e o primeiro de moitos actos que teremos nestes meses que adicaremos o recordo de estas victimas e do vivido durante a ditadura Franquista,por medio de concentracions,charlas,documentarios etc.

SOLIDARIEDADE CAS VICTIMAS DO FRANQUISMO!!!

Cursos Madia Leva! 2010-11


Nestes dias deron comezo os cursos que se inpartiran no CS de Lugo.Animamosvos a participar neles ,aqui vos deixamos a informacion necesaria:

CURSOS:

GAITA. Mércores. De 21h00 a 22h00. Unha hora semanal. Prezo 20 euros/mes.Comeza o dia 13 de outubro.
PANDEIRETA.Iniciacion. Pendente confirmar data.
ESGRIMA MEDIEVAL /DEFESA PESSOAL.Martes e Xoves de 20h30 a 21h30. Dia de comezo 14 de outubro.
- 1 hora semanal (6 euros/mes)
- 2 horas semanais (12 euros/mes)

OBRADOIROS GRATUITOS:

COSTURA. Martes.De 19h00 a 20h00. 1 hora semanal. Gratuito. Dia de comezo 19 de outubro.
DANZA GALEGA.Mércores.De 19h30 a 20h30. 1 hora semanal. Gratuito. Dia de comezo 13 de outubro.
GALEGO. Venres De 19h00 a 20h00. 1 hora semanal. Gratuito. Dia de comezo 15 de outubro.

CS Madia Leva situado na Rua Amor Meilan (Lugo)

jueves, 14 de octubre de 2010

Fin das Festas Alternativas.

Despois de estes dias de troula este pasado martes 12 chegaron a fin as 1as Festas Alternativas de Lugo nas que no noso primeiro ano foron un exito.
Queremos dar as grazas a todxs aqueles que se pasaron por algunha das nosas actividades nestes dias e a aquelas persoas que nos axudaron e viñeron desinteresadamente a darnos apoio ou a ser participes delas.
Dende as BAF Lugo seguiremos a traballar dia tras dia para que o vindeiro ano sexan ainda mellores.
Nos vindeiros dias colgaremos algunha que outra foto dos actos.

Saude e Grazas a Todxs .

lunes, 11 de octubre de 2010

Martes 12 de Outubro.

Este Martes 12 de outubro chegan o fin estas 1as Festas Alternativas na cidade Lucense e coma remate teremos a II Polbada contra a Hispanidade no CS Madia Leva! a partires das 14:30 10 E
E a partires das 19:30 a proxeccion de SkinHead actitude con petiscos e boa musica Punk-Oi.