lunes, 11 de octubre de 2010

Martes 12 de Outubro.

Este Martes 12 de outubro chegan o fin estas 1as Festas Alternativas na cidade Lucense e coma remate teremos a II Polbada contra a Hispanidade no CS Madia Leva! a partires das 14:30 10 E
E a partires das 19:30 a proxeccion de SkinHead actitude con petiscos e boa musica Punk-Oi.

domingo, 10 de octubre de 2010

viernes, 8 de octubre de 2010

CONCERTO ANTIFASCISTA EN LUGO

Concentracion Venres 8 as 19:30h

STOP CORRUPCION, MANIPULACION E REPRESION!!! Praza Maior-Lugo -08-Outubro 2010

Nos últimos tempos na provincia lucense estanse a dar diversos casos de corrupción e represion nos que están implicados dende o alcalde a diversos altos cargos da policía nacional,guarda civil,policía local, subdelegados

-Operación Carioca: Na trama dos burdeis están imputados o coronel Jose Herrera Garcia Lora(destinado nas Illas Canarias) que foi o máximo dirixente da garda civil durante 8 anos,Julio Vaquero,Armando Lorenzo que esta en prisión preventiva a espera de xuizo, etc…Unha traballadora desteis destes burdeis esta desaparecida ,as suas compañeiras declaran que supostamente foi asasinada e soterrada no local de alterne Queens ,coa colaboración de amigos entre os que o parecer se atopaban policías e gardas civis que frecuentaban o local. En outubro do 2009 asuntos internos rebentou a operación e detivo a donos de prostíbulos e altos cargos dos distintos ”corpos de seguridade”. Diversas traballadoras dos locais confesan a estar obligadas a traballar a cambio de papeis,según din nos locais corria a drogas entre os traballadores e clientes .Algun dos locais de alterne implicados apareceron queimados en innumerables ocasions sen que a policía lle buscase explicación.A xueza do caso decidiu que distintas patrullas vixiaran os loacais implicado deixando a cidade sen “vixianza. Segundo una asociación de Cabos e guardias ,altos comandos do instituto armado de Lugo tentaban dificultar as pesquisas no cadro de esta operacion

-Operación Pollo: Magrebies accedian a traballar en granxas de animais durante 13 horas cobrando 5 centimos por ave recollida a cambio de que supostamente Policias Nacionais da sección de Inmigracion lles concederán permisos de residencia.

- Permisos de Conduccion: Supostamente membros da Xefatura de Trafico de Lugo deron durante tempo permisos de conducción a persoas de orixe Asiatica sen que nalguns dos casos nin tan sequera souberan o noso idioma, a cambio de cartos.

- Multas retiradas: Altos cargos da Policia Local supostamente durante os últimos anos adicaronse a retirada de multas na cidade lucense.O parecer según se di na comandancia de lugo tiñan a orde de non multar na rua onde se situaba a sede do PSOE.Tras estas pesquisas dimitiu o subdelagado do governo mais o xefe de trafico.A sua solución: o multamovil.

-Operación Muralla: implicado ate o que fai pouco foi o noso presidente da diputación (Cacharro Pardo) que supuestamente roubou cartos e documentos da diputación de Lugo.

-Parque Rosalía de Castro: tras unha loita durante os últimos anos de colectivos pola defensa do parque xa que non tiñan permiso porque non e terreo edificable, se presentaron querellas contra os promotores, constructores e o propio concello dirixido polo “señor Orozco”, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza decidiu paralizar a obra. Ao que os interesados fixeron caso omiso xa que seguen a construir. Ao parecer, interesados na obra ofreceron pisos e ameazaron a distintas persoas que loitaban contra a construcción no parque. Tras últimas información aparecidas en medios públicos, Orozco ten idea de fechar o parque, no que de benseguro alguns destes constructores han levar un “bo pellizco”,

-Camaras de videovixilancia: Levamos 2 anos sendo vixiados de xeito ilegal, atentando contra os dereitos civis.O Movemento Polos Dereitos Civis xunto con outros colectivos presentou un escrito ante o valedor do pobo para que se retirara, xa que o permiso caducara en Abril do 2008.Non so non foron retiradas senom que se colocaron 52 mais en Marzo do 2009.

-Trafico de drogas: Distintos membros da Garda Civil están implicados en trafico de cocaína,dous deles están en prisión preventiva tras ser sorprendidos con grandes cantidades de estupefacientes

-Represion a xente mais desfavorecida: O governo comandado por Xose Orozco xa leva tempo tratando que na cidade lucense se leve a cabo una ordeanza civica que non funcionou nin en ciudades coma Barcelona.Algunhas das medidas que pretende son multas que oscilas entre 750 a 3000 E por patinar,cuspir o chan,pegar un cartel,mendicidade,top manta.Fixeronse diversos actos para impedir a aprobación (concentración, recollida de firmas..) ao que o concello fixo oídos xordos.Neste outubro o governo do concello xunto co subdelegado do governo e a policía decidiron levar a cabo a prohibición d calquer tipo de actuación e venda publica sen permiso con multas de 300 a 3000

Non son os únicos culpabeis do que esta a suceder na nosa cidade, xa que nos preguntamos que se isto chega a nos imaxinemonos o que non sabemos ,os medios de comunicación manipulan datos e intentan tapar con outras noticias estes casos tan graves que están a suceder.Adicanse a sacar falsas informacions de obreiros que loitan dia tras dia, para desviar a atención dos graves sucesos que nos están a azotar.Non podemos deixar que nos sigan a manipular ,reprimir e enganar,a cidadania lucense debe sair as ruas para protestar por estes graves feitos.

PAREMOS A ESTA MAFIA

jueves, 7 de octubre de 2010

TORNEO ANTIRACISTA,FESTA E CONCERTO...

O vindeiro sabado dia 9 as BAF Lugo dentro das Festas Alternativas que se estan a levar a cabo na nosa cidade organizamos unha boa xornada de festa e loita.

Comezaremos a iso das 15:00 h no CEIP Luis Pimentel o 1º Torneo Antiracista de futbol de salon,no que calquera mozo ou non tan mozo sera ben recibido.
Xa a iso das 20:00 seguiremos a troula con unha boa musica Ska-Reggae no que teremos petiscos de balde.(CS Madia Leva!)
E coma continuacion de festa contaremos co concerto do grupo de recente creacion e de orixe Lucense ,no cal hai algun membro do noso colectivo,L.S.D (Lugo Sen Descanso Punk) cos seus ritmos cañeiros e letras pegadizas que de seguro nos ofrecen unha boa noite no dia do seu debut.
Con eles teremos algunha sorpresa mais...

Nestes dias colgaremos por aqui o cartaz da Xornada xunto cos de outros actos.

STOP MANIPULACION INFORMATIVA

Debido a manipulacion servida dende os medios publicos e nacionais,tras os "incidentes" da noite pasada do 29 as BAF Lugo queremos deixar claro que estamos cansos de manipulacions e mentiras surxidas cara nos ou alguns dos nossos membros.

Non vamos entrar a valorar o que escriben ou fan xa que non e a nosa forma de actuar ,pero xa estamos fartos de que medios coma "el progreso", "la voz de galicia"etc. se adiquen a sacar falsa informacion sobre o colectivo.

Tras estes case dous anos de existencia das BAF de forma organizada,xa foron moitas as mentiras vertidas,gustarianos recordar que xa alo por Marzo do 2009 se adicaron a sacar e verter mentiras de nos trala detencion de 4 compañeiros nunhos imcidentes no partido de futbol entre o CDLugo e a SD Ponferradina,na que coma e de costume os unicos culpabeis para os medios de informacion somos nos e non o grupo de Fascistas,que tentaron sen exito pasearse pola cidade amurallada.

Moito mais grave foi cando no Agosto dese mesmo ano unha vez mais se prodciron as detencios de 2 compañeiros que foron acusados e denunciados de forma inxusta tras unhos incidentes nas ruas lucenses.

Dende a sua detencion e posta en liberdade os de sempre conxuntanente coa "tvg"e outros medios do estado espanhol,adicaronse a o que mais lles gusta,manipular,crear alarma social nos medios sacando informacions falsas do noso colectivo,e o que eh mais grave colgar fotos nomes e datos privados e nalguns casos falsos antecedentes.
Deixamolo aqui debido a que cremos que estes pequenos grupos"informativos"non merecen mais que estas catro lineas.

Todo o contrario ocorre cando son outros os detidos e os denunciados....
Estamos fartos de estes ataques dos medios e pedimos xa un cese de esa violencia informativa que estan a tentar acabar con nos ,porque fagan o que fagan nom o conseguiran.

Sen mais un saudo.

STOP MANIPULACION.
VIVA LUGO ANTIFASCISTA

miércoles, 6 de octubre de 2010