jueves, 8 de abril de 2010
miércoles, 7 de abril de 2010
III Aberto da Cidade de Lugo. X Jornada da LNB.

Dentro da jornada de memória histórica que preparamos este domingo dia 11, destaca o Aberto de bilharda que deputaremos pola tarde na pista de Sam Lázaro.
Este é o terceiro aberto que se organiza em Lugo mas é a primeira vez que umha equipa lucense joga na Liga Nacional. Já que logo este aberto será puntuável na classificaçom da Conferência Norleste polo que esperamos fazer um bo papel. Desde logo que este ano demos um passo mais na consolidaçom deste desporto na cidade e por isso agardamos que todo o que poida e goste venha polo bairro da Ponte este domingo para continuar neste caminho.
Vemo-nos a pé de pista!
2 anos de video-vigiláncia sem autorizaçom.

Segundo vem de publicar-se na imprensa, o Movimento polos Direitos Civis, apresentou um escrito ante o Valedor do Povo solicitando que retirem as cámaras de video-vigiláncia do casco velho de Lugo.
Estes dispositivos estam funcionando sem nengum tipo de autorizaçom desde que caducasse o permisso em abril de 2008, mas o Concelho de Lugo nem a Subdelegación derom passo algum para retirar as cámaras.
Em março de 2009 , 52 novas cámaras fôrom colocadas na cidade, naquele momento já denunciamos o enorme recurte de liberdades que isto conleva. O modelo de cidade que agora desenham coa nova Ordenança de Civismo a piques de se debater a sua aprovaçom tem na video-vigiláncia o seu complemento idóneo para continuar a repremer o uso do espaço público.
Lembrar que o dia 15 às 20h00 haverá umha nova palestra da Plataforma contra a Ordenança de Civismo no Uxio Novoneira.lunes, 5 de abril de 2010
Cronica Concerto Meixide

Mais umha vez, a juventude galega deu umha liçom de solidariedade.
Por volta de 100 pessoas apoiárom o militante antifascista Rubém Meixide, acusado por se defender de um militar espanhol, militante da falange, que o ameaçou com umha faca na rua.
A pesar do reduzido tamanho do local do concerto, e numha noite ameaçada pola chuva, apenas com a venda dos bilhetes, fôrom angariados cerca de 400 euros, quantidade que foi entregue ao próprio Meixide como contributo da juventude ferrolana à causa antifascista pois o dinheiro recadado destinará-se na íntegra ao pagamento das despesas do julgamento.
Às 22h30, os Avante, grupo nascido no Vale de Loureda, na comarca da Corunha, pisava os cenários do País por primeira vez fazendo rugir as guitarras com a música Luita sem fim, cançom dedicada à perda de identidade do povo galego e à organizaçom da resistência popular, que fazia vibrar a um bar Chimarrao lotado até a bandeira.
Um dos momentos mais emotivos da noite, tivo lugar quando Rubém Meixide pegou no microfone para agradecer o apoio do pessoal assistente e no que abriu seu coraçom para nos falar da sua companheira e a sua criança, o Vreijinho, preocupados perante os 9 anos de prisom que pede a acusaçom particular, chefiada polo conhecido militante fascista Ynestrillas, e os 4 que pede o procurador.
Como pudemos comprovar, ser antifascista na Galiza é algo que custa muito caro.
Após vários temas como Galiza Metal, ou Independência, os Avante davam passo aos Mencer Vermelho, conhecido grupo proletário ferrolano que apresentou o seu último trabalho: Novas Batalhas. Músicas como Resistir, Contra-revoluçons de veludo, ou o que dá título ao álbum, Novas Batalhas, figérom saltar às 100 pessoas presentes na sala, que cantárom seus temas de princípio a fim.
Metidos já nas primeiras horas do dia 4 de Abril, o concerto finalizou, mas a luita antifascista continuará nas ruas da Galiza: Meixide resisteAbril Libertario 2010.
Os compañeiroos anarquistas da provincia Lucense traennos estes actos no CS Madia leva!(Rua Amor Meila)dentro dos actos das VII xornadas libertarias acontecidas por toda a Galiza:Dia 6 Charla sobre o caso de Sergio L.D. Abril Libertário. Às 20h
Dia 13 Charla sobre os trangénicos. Abril Libertário. Às 20h.
Dia 23. Às 19h Charla sobre a revolta em Grécia.Abril Libertário.
Por confirmar lugar:
Tamara :Venres 9 Lugo
Massó :Martes 20 Lugo
Insumisión penas multas : Martes 27 Lugo
Macrobiótica : Mercores 28 Lugo
Mais info: www.abordaxerevista.blogspot.com
Actos En Memoria do Levantamento de 1846.

O vindeiro dia 25 celbrase na nosa cidade o aberto de bilharda organizado polo C.S.Madia Leva e mais a Liga Nacional De Bilharda,para o cal nos teñen estes actos:
-Dende as 12:00
Aproveitando a conmemoracion de este pasado 2 de abril os compañeiros preparan un roteiro pola vila de Lugo recordando os actos do Levantamento do 1846 .
Recordarase a proclama do escritor e pai do provincialismo galego Antolin Faraldo o 15 de abril de 1846 na cidade lucense coma secretario da Xunta Provincialista e mais a loita das tropas de Solbis.
Este roteiro da mao de Uxio-Breogan Dieguez, que
de seguro nos podera respostar a diversas dubidas.
14:00 No CS Madia Leva :
Xantar popular polo modico prezo de 10 €.
16:00 No Barrio da Ponte nas pistas da A.A.VV :
Aberto de bilharda de Lugo ( X xornada LNB)
Dende aqui animamosvos a participar neste bo dia
no que recordaremos o comezo do Levantamento Nacional en terras lucenses ,xunto con boa comida, boa compaña e coma nom tarde de bilharda na que de seguro teremos boa representacion Lucense.
Esta Xunta, amiga sinceira do país, consagrarase constantemente a engrandece-lo antigo Reino de Galiza.
sábado, 27 de marzo de 2010
Non a ordenada civica.
Documento: Retirada da Ordenanza Cívica
Pregamos a calquera outro colectivo/asociación de acordo coa solicitude de retirada, o comunique ao concello (documentandoo por rexistro de entrada) podendo empregar o seguinte documento ou outro que considere.
AO CONCELLO DE LUGO
A asociación ...................................,con enderezo a efectos de notificación en..........................., perante a prevista aprovación do regulamento coñecido como Ordenanza de Civismo, quere facer as seguintes
MANIFESTACIÓNS
Primeira.- Interpreta o non ter sido convidada ao foro cívico, convocado en relación coa chamada Ordenanza de Civismo, como sinal dunha vontade por parte do Concello de excluir deste debate aos movementos sociais da nosa cidade.
Segunda.- Despois de ler e debater o rascuño desta norma que foi publicado, consideramos que o texto constiúe unha proposta regresiva ao incluir elementos inxustificadamente represivos ou excluíntes.
Terceira.- Esta proposta semella estar pensada para unha situación social caracterizada por un conflito entre, por un lado, a cidadanía común e, polo outro, unha serie de novas e preocupantes ameazas para a convivencia. Este escenario non se corresponde en absoluto coa realidade de Lugo que é, en xeral, considerada como unha cidade segura. Neste sentido, todo indica que se pretende estabelecer, por lei, unha dialéctica maniquea, de bos e malos, para lexitimar políticas antisociais e autoritarias.
Cuarta.- O que se proclama, na propria norma, como finalidade da ordenanza, isto é, a preservación do espazo público para poder, libremente, as persoas circular, lecer, encontrarse e recrearse, pon de relevo unha concepción moi pobre da convivencia social. A norma, por exemplo, limita inaceptabelmente a liberdade de expresión nos artigos que van do nove ao quince. E o mesmo podemos dicir da liberdade de reunión, que fica vulnerábel polo artigo 21.4. Como se a convivencia cívica non dependese da garantía deste tipo de liberdades fundamentais.
Quinta.- Preténdese fundamentar a tipificación de infraccións nunha utilización avesa de conceptos como o de contaminación ou degradación visual (art. 9). Logo de como correron os conflitos, entre o Concello e a veciñanza, en relación cos proxectos urbanísticos para os Parques “Rosalía de Castro “ e “Marcos Cela”, entendemos que a intención real da ordenanza, neste apartado, non é preservar a cidade da contaminación visual, mais lexitimar a represión contra a libre expresión da cidadanía no espazo público, mediante cartazes, panfletos, faixas, etc.
Sexta.- Non atende ao interese do Concello pola contaminación acústica (art. 21), non debemos esquecer que este mesmo goberno municipal pretendeu modificar a ordenanza sobre contaminación acústica para permitir a abertura de novos bares e cafetarías en zonas declaradas como acusticamente saturadas. Esta modificación foi recorrida polo movemento veciñal perante os tribunais, obtendo unha resolución favorábel, mesmo tras os recursos do Concello. Como no punto anterior, neste caso tamén sospeitamos que, o que se procura, non é protexer o descanso nocturno das veciñas e veciños, mas a criminalización da mocidade unha vez fracasados os programas municipais de ocio nocturno alternativo.
Sétima.- Chócanos que a ordenanza fale de ‘novas situacións e circunstancias’ (px. 2) para se referir a cousas como a mendicidade ou a prostitución. A medicidade, por exemplo, xá era considerada perigosa na lexislación franquista, por exemplo na Ley de Peligrosidad y Rehabilitación Social. Esta lei tipificaba, como infracción, a mendicidade cando era “habitual”(art. 2), e a ordenanza no seu texto actual, cando é “insistente” (art. 16). Estamos, pois, perante dous textos diferentes na forma, mais semellantes no seu contido aporofóbico.
Oitava.- O artigo 27, que expón os fundamentos da regulamentación do comercio ambulante, considera como de interese para o civismo a protección da economía de mercado e a libre concorrencia. Deste xeito estase a facer pasar os ilícitos mercantís, ou as irregularidades administrativas, por atentados contra a convivencia. Isto é moi grave pois, en realidade, acarreta unha criminalización da venda ambulante que, dadas as suas caracterísiticas na nosa cidade, pode amparar actitudes policiais xenófobas, ou racistas.
Novena.- A Lei 57/2003, de Medidas para a Modernización do Goberno Local, mais coñecida como Lei de Grandes Cidades, serve como fundamento xurídico principal para esta ordenanza. Cómpre lembrar que foi aprobada nos momentos álxidos da viraxe ultrareaccionaria do Goberno de Aznar en Madrid. Na Galiza foi invocada, para deturpar a toponimia da cidade da Coruña ou para, nese mesmo concello, fechar locais de asociacións e movementos sociais, como Mil Lúas e Oveja Negra. En Lugo, esta mesma lei, aplicouse para nomear o pasado ano, como concelleira-delegada de urbanismo, unha pesoa que non se apresentou às eleicións municipais de 2007. Non debe estrañar, por tanto, que unha norma tan duvidosamente democrática, tanto na sua orixe como nos seus termos e resultados, inspire o carácter regresivo da ordenanza de civismo que se quere aprovar.
Décima.- Debido á escura redación da Lei 57/2003, o rascuño de ordenanza cívica confunde a potestade sancionadora en relación coas matérias de convivencia cívica de interese local, coa regulamentación punitiva de cuestións como a sexualidade, as liberdades fundamentais, ou a dignidade humana. É obvio que o texto apresentado excede con moito, as competencias que razoabelmente se lle poden atribuir a un goberno municipal. Utilízase o pretexto dunha intepretación excesiva do concepto de espazo público para tentar a imposición dun código penal, a escala local e sen garantías, que en moitos casos pode dar lugar a vulneracións de principios xurídicos básicos como o de tipicidade e proporcionalidade, das disposicións sancionadoras, o de seguranza xurídica, ou o de non bis in idem, polo qual ninguén pode ser punido mais dunha vez por unha mesma conduta.
Decimoprimeira.- Se as Disposicións comúns sobre réxime sancionador ficasen como están, darían lugar a unha perigosa hipertrofia das funcións policiais ao configurarse, a policia local en virtude da presunción de veracidade, como a encarregada de interpretar a lei e determinar, sen garantía ningunha, que condutas son sancionábeis como infraccións contra a convivencia.
Por todo isto, e por todo o que fai desta ordenanza unha norma regresiva, represiva, e perxudicial para a convivencia cívica, e a pesar de non ter sido convocadas polo Concello de Lugo para dar, ao respecto, a nosa opinion.
ESIXIMOS
A inmediata retirada da proposta contida no rascuño de Ordenanza de Civismo que foi publicada e á que nos referimos no presente escrito.
DENDE AS BAF LUGO QUEREMOS EXPRESAR QUE TAMEN ESTIVEMOS A COLABORAR DE MANEIRA PERSOAL POLA RETIRADA DA ORDEANZA CIVICA CA RECOLLIDA DE FIRMAS,COLADA DE CARTACES,PARTICIPACION EN ASSEMBLEAS,CONCENTRACION A CUAL SO ASISTIMOS 4 MEMBRoS DO NOSO COLECTIVO E 3 DO MADIA LEVA!...
E DENDE AQUI EXPRESA QUE TAMEN NOS OPOÑEMOS FIRMEMENTE A ESTAS MEDIDAS QUE ESTA A TRATAR DE FACER O GOVERNO DO PSOE DUNHA MANEIRA FASCISTA E ANTI-DEMOCATICA AINDA QUE NESTE DOCUMENTO NOM RECOLLA A NOSA PARTICIPACION.