jueves, 10 de septiembre de 2009

Manifestaçom en Madrid en recordo a Carlos Palomino .


Familiares e amigos de Carlos Palomino, o jove assasinado no 2007 na estación de Metro de Legazpi de Madrid presuntamente a maos dun militar,manifestaránse no seu recuerdo o próximo sábado, 12 de setembro, dous días antes de que se celebre o juizo pola sua morte na Audiencia Provincial.

A manifestación, convocada para dous días antes de que comece o juizo, y un ao e 10 meses despois do assasinato, tendrá lugar na plaza Elíptica as seis da tarde e marchará baixo o lema "Carlos. Ni olvido, ni perdón".

O 11 de novembro de 2007 Carlos Palomino, de 16 anos, foi apunhalado na estaçóm de Metro de Legazpi polo soldado profesional Josué E. de a H., para o que a Fiscalía de Madrid pedirá no juizo unha pena de 29 anos de prisión.

O juizo pola morte de Carlos Palomino celebraráse durante a semana do 14 o 18 de setembro na Audiencia Provincial de Madrid .

miércoles, 2 de septiembre de 2009

STOP CRIMINALIZACION MEDIATICA

http://elprogreso.galiciae.com/nova/38203.html
http://elprogreso.galiciae.com/nova/38123.html
http://elprogreso.galiciae.com/nova/38141.html



Respecto de certas informacións que andan a circular en diferentes medios da cidade sobre presuncións, supostos e diversas cousas máis. Os antifascistas de Lugo queremos expresar o noso malestar frente ó tratamento que se están a facer de datos e de parte das investigacións policiais, xeralizando a cuestión e levando a cabo unha redacción calumniosa e criminalizadora contra todos aqueles que abandeiramos a loita antifascista na nosa cidade.

A estes mesmos xornalistas e demáis colaboradores informativos, queremos deixarlles ben claro que non somos partidarios da violencia gratuíta, nin dos ataques indiscriminados contra quen queira que sexa, porque temos unha base e argumentación ideolóxica suficientemente ampla como para non ter que recurrir ó uso da forza para alcanzar calquera dos nosos obxectivos, sempre políticos. Do que non cabe dúbida é que á hora de levar a cabo calquera dos nosos propósitos temos na nosa man métodos que non sempre son socialmente aceptados, porque a moita xente lle incomoda que parte da mocidade sexa quen de organizarse e levar a cabo manifestacións ou calquera outro tipo de convocatoria. Estas mesmas son a cotío terxiversadas polos medios co fin de apuntar ou denunciar ideas, que non se corresponden coas maiorías interesadas de gran parte da sociedade actual na que vivimos, a mesma que queremos cambiar.

Non queremos ser nin unha pandilla, nin unha tribu urbana, nós somos mozos que compartillamos a nosa vida diaria cos nosos ideais, iso vai acorde á nosa personalidade, porque ante todo somos persoas cunha mente e conciencia propia, é precisamente esta circunstancia a que nos diferencia das masas e multitudes, quen aceptan de xeito categórico as condicións impostas. Así mesmo queremos resaltar o feito de que somos persoas e como tal, cada un ten unha forma de ser propia, e toma as súas decisións acorde ós seus modos de actuar e de pensar, iso mesmo é o que nos fai seres humanos, de primeiras, a non ser que os medios realicen unha caza de bruxas na que metan nun mesmo saco a todas as persoas que poidan integrar un colectivo, organizado e independente como son as BAF Lugo. Ideoloxizar as contas personais é algo que contribúe a darlle máis morbo ás informacións, unha carga subxectiva que aumenta os debates e divide ós lectores, pero nunca reflicten a realidade nin se preocupan por emitir un xuízo equilibrado dos feitos.

É por isto que amosamos o noso malestar, xa non só polo acoso e derribo que se lle poida facer a unha persoa, publicando fotos da mesma e dando datos personais que non contribúen á unha maior información senon que danan a intimidade e a integridade do propio individuo e da súa familia e achegados. Así mesmo querer encadrar este tema como un suceso propio de enfrentamentos relacionados co fútbol, deixa ver a necesidade imperiosa de escribir por escribir, con tal de ter que sacar algo á rúa. Gustaríanos por iso mesmo adevertírlles que vimos seguindo estas informacións ó longo das súas páxinas, e deberían reconsiderar a súa profesión cando publican dun día para outro dúas versións sorprendentemente diferentes, con actores e implicados que nin se parecen, nin se parecerán nunca.

Así mesmo quereremos explicar que as BAF, as Brigadas Antifascistas Lugo, que non lucenses, son un colectivo que como ben di o nome se define como antifascista, e que é absolutamente autoxestionado polos propios membros. Se por non recibir unhas subvencións gubernamentais, nin por non ter unha sede física ou por non ter carnés de partido nin presenza nos medios xa debemos ser relegados á categoría de banda, creo que calquera cidadán debe ser un pandillero por pensar dun xeito concreto e propio. Dentro da persecución desesperada dunha historia convicente que plasmar nas páxinas neste caso do xornal El Progreso, ocúpanse por maldecir contra colectivos tan diferenciados como son as Brigadas Lucenses, un grupo de animación que apoia ó CD Lugo, e ás BAF, cando lembramos que as BAF non son ningunha organización no tradicional estilo, senon que é un acrónimo co que nos agrupamos baixo a fórmula do asociacionismo. Por iso mesmo pregámoslles que sexan quen de preocuparse por acreditar un pouco máis as súas informacións e así comprobarían que no resto do Estado Español baixo este mesmo acrónimo se organizan moitos máis mozos e mozas que nós, sin que exista relación interterritorial entre as diferentes BAF, nin nada polo estilo, con isto queremos evitar que constrúan mafias conspiratorias ó redor das mesmas e dos seus enlaces nas webs, tal e como fixeron nesta ocasión.

Somos autónomos e cun pensamento propio, con diferenzas ideolóxicas e personais, por iso mesmo pregamos un pouco de respeto por todos aqueles que facemos deste Lugo de hoxe, un Lugo que sexa quen de ter un mañá sen inxustizas e malestares sociais que ven arrastrando de man do sistema. Non pretendan recurrir ó engano persoal nin colectivo, nin malvendan as súas informacións como se foran tomadas a pé de rúa, coma se foran de primeira man, porque basta ollar nas súas informacións e comprobar unha eiva de fontes informativas importantes. Dende este humilde espazo de contrainformación diaria, pretendemos axudarlle á facer a súa labor xornalística, e pregarlles que teñan un pouco máis de dignidade cos datos que manexan, do mesmo xeito que comproben que somos mozos e mozas formados que rexeitamos a violencia directa e as agresións personais inxustificadas. Así mesmo aconsellámoslles que consulten á fonte afectada, para contribuir a elaborar un xuízo equilibrado dos feitos, facendo así fincapé na historia real dese conflito personal e non achacalo a un motivo ideolóxico, porque as cousas parecen pero non son, e son pero non parecen.

Sen máis

Lugo a 2 de Setembro

Mozos e mozas Antifascistas de Lugo [Tanto da o nome, o importante é o que se pensa]


STOP CRIMINALIZACIÓN!
STOP CENSURA!

martes, 21 de julio de 2009

Quinta ediçom da Jornada de Rebeliom Juvenil: Tempo de crise, tempo de luita



Por quinto ano consecutivo BRIGA convoca a Jornada de Rebeliom Juvenil no 24 de Julho com a teima de consolidá-lo como um dia de reivindicaçom e luita, e também de festa, com o que recebemos um novo Dia da Pátria.

Mais um ano temos que lamentar a impossibilidade de unificar as duas convocatórias promovidas pola juventude independentista que terám Compostela como cenário na noite do 24 de Julho. Apesar da nossa disposiçom, manifestada ano trás anos, de evitar que duas mobilizaçons percorressem as ruas da nossa capital na véspera do Dia da Pátria, mais umha vez foi impossível cadar qualquer acordo. De BRIGA acreditamos que a confluência das duas mobilizaçons numha única convocatória, serviria, nom só para lograr umha confluência das forças de umha e outra organizaçom, senom para alargá-la e extendé-la a um bo número de jovens que ainda nom participam na jornada do 24 de Julho.

Se bem respeitamos a decissom de manter a convocatória da Rondalha por parte da AMI, fazemos um chamamento para dumha vez por todas solucionar umha situaçom, a convocatória de duas mobilizaçons no mesmo lugar e quase a mesma hora, que é de todos os pontos de vista contrário à razom.

V Jornada de Rebeliom Juvenil
Como já é costume nos últimos anos o Parque de Belbis, em Compostela, é o lugar escolhido para a realizaçom dos nossos actos. Esta noite, malia a infrutuosa tentativa de conseguir unificar as duas mobilizaçons convocadas polas entidades juvenís independentistas, marcharemos em manifestaçom às 22h00 desde a Porta Faxeira contra umha crise capitalista que afoga a Galiza com ERE,s, despidos, precariedade, especulaçom... um tempo de crise que deve ser contestado com a luita nacional e de classe.

Animámos-vos a tod@s vós a compartilhar esta jornada prévia ao do Dia da Pátria com nós, para que os que querem fazer do 25 de Julho o Dia de Galicia ou o Dia do Apóstolo tenham que resignar-se ao ver-nos ocupando as ruas ao berro de INDEPENDÊNCIA E SOCIALISMO!

Lá nos vemos!

V JORNADA DE REBELIOM JUVENIL
“TEMPO DE CRISE, TEMPO DE LUITA”

22h00 Manifestaçom
desde a Porta Faxeira

23h30 Concerto
no Parque de Belbis

Arenga (punk-rock galego)
Kógito (ska galego)
Kop (metal-hardcore-industrial catalán)
Dios ke te crew (hip-hop galego)

A mocidade em combate! A mocidade em galego!


Perante a alarmante situaçom de desprotecçom e ataque que sofre a nossa língua e perante um futuro cheio de luitas a este nível, a AMI decidiu centrar os actos do 24 de Julho na defesa da língua.

A legenda escolhida: a mocidade em combate, a mocidade em galego! resume a nossa intervençom a este nível: nom deixar descansar os inimigos mais feroces do galego, que pensam ainda hoje em que rematar com a identidade deste povo milenário sairá de gratis. A mocidade combativa e rebelde tem-no claro. Só com umha defesa na rua da língua e com umha linha de intervençom volcada de cheio na promoçom do monolinguismo poderemos fazer um movimento forte e amplo que nos defenda.

Paralelamente, continuamos em combate para defender mais um ano que as ruas de Compostela nesta noite de luita som da mocidade. Agora que a delegaçom do governo e a polícia de choque se têm decidido mais do que nunca a impedir o passo da rondalha, a participaçom massiva dela é muito importante. O direito a ocupar a zona velha no 24 de Julho nom é só um direito da AMI, mas de todos e de todas conquistado durante anos com esforço. Um direito que hai que defender.

Os actos do dia serám:

-17h00-19h00, Palestra: Monolinguismo social na Galiza.

Falarám:

-Isaac Xubín ( Redes Escarlata)

-Beatriz Pérez Bieites ( comissom de língua da Gentalha do Pichel)

- Leo F. Campos (professor e músico)

- Aurélio López. ( AMI)

19h30-20h30: Cadeia humana pola liberdade dos presos independentistas. Praça da Galiza.

-20h30: ACTO POLÍTICO

Humor: Os da Ria

Actuaçom musical: Mini e Mero

Projecçom, demonstraçom de graffiti

Discurso

-23h00: XV RONDALHA DA MOCIDADE COM A BANDEIRA

jueves, 25 de junio de 2009

COMUNICADO BAF LUGO

Dende BAF Lugo queremos condear os feitos producidos na nosa cidade na noite do 23 de xuño, onde descoñecidos arrincaron e taparon pegatas dunha distribuidora vegana co nome de BAF Lugo.

Queremos comunicar que BAF Lugo non ten nada que ver con semellante acto.

Investigaremos os autores desta canallada, e de saberse se son membros da nosa organización serán expulsados inmediatamente pois nós non toleraremos actos de este tipo.

Esa mesma noite membros de BAF entregaran colantes no Lume Novo organizado polo CS Madia Leva!, o CS Vagalume e a organización na Defensa do Parque Rosalía; polo cal calqueira poido recibir os nosos colantes e comenter semellante acto.

Mostramos o noso total apoio a distribuidora atacada e farase o posibler por saber quen foi o que fixo o acto no noso nome.

LEMBRAR A CONCENTRACIÓN ANTITAURINA DO PRÓXIMO DOMINGO AS 18:00


saida de Lugo será às 11h00 desde a estación de autocarros para repartirse nos carros-
-A outra oportunidade é às 16h00 na mesma praza mobel en Outarela-
-Lembra: hai que fazer umha concentración festeira, levade instrumentos, mascaras, "banderillas" no lombo,...-

sábado, 20 de junio de 2009

XUNTANZA


O vindeiro sábado 4 de xullo as 19:00h terá lugar unha xuntanza das BAF LUGO no C.S.Madia Leva! para tratar diversos temas de importancia.
Esperamos a vosa asistencia!!