
Organizada polo Foro de Unidade Comunista Galega contaremos o dia 29 coa presença do filólogo e analista político, experto no mundo árabe Fayez Khalaf.
Martes, dia 29 de marzo às 19h30 n centro social Madia Leva!
Data: sábado 26 de marzo
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres
CONCERTO DE BITXO BOLA en solidariedade co proceso de XOSÉ TARRÍO.
Máis información: http://www.youtube.com/watch?v=aMxWWlzn2dM
http://bitxobola.iblogger.org/
http://denuncia.info/index.php?option=com_content&view=article&id=26&Itemid=57
O sabado 19 de Marzo tera lugar en Belesar, concello de Chantada, un acto de homenaxe ao guerrilheiro anti-franquista "O Piloto" organizado por Causa Galiza-Chantada. Neste lugar "O Piloto" foi assassinado em 1965.
A guerrilha galega foi pioneira na luita anti-franquista. "O Piloto", José Castro Veiga, foi o último gerrilheiro en caer en combate; foi asasinado en 1965.
Continua:
Programa:
* 18h. Roteiro por Belesar até o lugar onde caeu O'Piloto. Homenaxe.
Lugar de encontro: Náutico da barraxede Belesar.
Para chegar: desde Ourense, apanhar a N-540, direccion Lugo e ao pouco de passar Chantada tomar a LU-1802 e depois a LU-1811 até chegar à represa.
* 20h30 Xantar de confraternizacion.
* 22h Concerto dos Labregos do Tempo dos Sputnik.
Preço do jantar e o concerto: 10€
Lugar: Náútico da aldea de Belesar (non confundir con o da barragem).
Para chegar: desde Lugo, apanhar a N-540, direccion Lugo e tomar a LU-1801 xusto antes de entrar em Chantada e pouco depois a LU-1806 ata chegar à aldea de Belesar, à beira do rio Minho.
Para mais informacion: Anxo (672 015 992)
Algún axente fixo un boneco e colgouno dunha fiestra
A medida que vai transcorrendo o tempo comezan a coñecerse algunhas das trabas e dificultades impostas á investigación da operación Carioca. Un xulgado lucense tivo que abrir dilixencias previas por un presunto delito de obstrución á xustiza como consecuencia, entre outras cuestións, de que documentación que estaba no interior do club Queens, do Ceao, foi esnaquizada mentres o establecemento estaba a ser custodiado día e noite por axentes dos corpos e forzas de seguridade por petición da xuíza do caso. Ademais, sóubose que presuntamente algún axente preparou un boneco con diversas roupas e colgouno do local que servía de sede social á suposta trama dos bordeis.
As molestias que ocasionaba a investigación motivaron que a xuíza fose obxecto de numerosas cambadelas. Unha delas foi a ocorrida no Queens. Ante os constantes incendios que se estaban producindo no Eros, a xuíza pediu vixilancia 24 horas no club do Ceao, entre outras razóns porque aínda tiña pendentes de realizar algunhas inspeccións dentro do mesmo.
A pesar desa vixilancia constante, os investigadores puideron comprobar como, polo menos nunha ocasión, documentos que estaban no establecemento apareceron rotos e tirados no chan xunto con botellas, roupas que había nos cuartos e ata excrementos. Esta preocupante situación motivou que fosen abertas de inmediato dilixencias previas por obstrución á xustiza porque se considera que o único que se pretendía era pór trabas ou ocultar probas á xuíza. Ao parecer, algunhas persoas xa declararon sobre o acontecido e outras poderían ser chamadas en breve.
Pero é que, ademais, en plena vixilancia policial, foi colgado un boneco, preparado con roupas e outros materiais, dunha das fiestras do establecemento. Tendo en conta que a vixilancia era permanente, todo apunta a que este obxecto supostamente chegou a ser confeccionado por algún axente. Sobre este particular tamén está aberta unha investigación xudicial.
Do ocorrido no bordel do Ceao foron informadas diversas autoridades....