viernes, 14 de enero de 2011

Evolución favorable da situación do Centro Social Casa das Atochas.

O xuíz que investiga o caso, negou provimento ao recurso contra a súa providencia, polo que comezou a orde de desaloxo provisional para o pasado 09 de decembro de 2010, dando máis tarde aquel día de abandonar totalmente o inmoble, baixo pena de incorrer en delito de desobediencia. Sen embargo, suspendeu, polo menos, unha medida provisional agarda a resolución do novo chamamento pola montaxe do espazo agachar para tribunais superiores. Iso é resumido na agachar Centro Social Casa das Atocha está de volta, polo menos por agora, fóra de perigo, pois este tipo de recursos asumir o mellor de dous ou tres meses para resolver, quen sabe, quizais nós ver o 3 º aniversario do espazo.

Vaciaréis nosas casas, pero non coa cabeza.
Contra a especulación .

miércoles, 12 de enero de 2011

V Homenagem a Helena Talho


O passado 25 de dezembro cumpria-se o quinto cabodano da morte de Helena Talho. Do Mádia Leva! coa tristeza que nos provoca a sua falta, mas co convencimento de que na nossa luita está a melhor das maneiras de nos lembrar dela, organizaremos para esta sexta, dia 14 de janeiro um acto de homenagem diante da casa onde morou, na praça do Campo.
O acto começárá às 20h00.
Depois do acto organizaremos umha ceia no centro social, que custará 8 euros e para a que é preciso anotar-se previamente.

viernes, 7 de enero de 2011

Actividades do CS Madia Leva! Xaneiro

Actividades do CS Vagalume


Actividades de XANEIRO de 2011 no Vagalume

Todos os luns "Chocolate para sentir, cacao quente ou frío para comer e pintar."

Os mércores ás 20.30 hrs., ciclo de cine.

Martes 11 ás 19.30 hrs., contos infantiles con Susana.

Xoves 13, mercadillo de troco e doación.

Xoves 20 e xoves 27 ás 21.00 hrs. ceas eco-lóxicas e radio-fónicas organizadas por Xose. Contido: ceas seguindo criterios ecolóxicos como: productos locais e sen agroquímicos. Despois de cada cea, haberá a grabación dun programa de radio clavi relacionado co tema para a xente que queira participar, con testimonios de productores ecolóxicos.

Prezo: 3 € bebida a parte. Farase cea para 10 persoas.

Sábado 22 ás 22.00hrs. Concerto de Comando Robaliza.

Martes 25 ás 21.00 hrs: Noite poética.

Venres 28, 14 e 21: Ceas Veganas, (a cea do día 28 será cea a cegas, así que será toda unha sorpresa o que se fará de cea)

jueves, 6 de enero de 2011

Marcha a Teixeiro

Haverá autobús coas seguintes paradas:
Saida dende FERROL, parada en Porta Nova no comezo da Avda. das Pías ás 14:30h
PONTEDEUME, parada do bus de liña ás 15h
CORUÑA, parada na Basílica de San Pedro de Mezonzo ás 15:30h
COMPOSTELA, parada na parte de abaixo da estación de autobuses ás 16:30h.

Se queredes anotarvos para o bus, enviade un mail a abordaxe@gmail.com.

O prezo oscilará entre 6 e 10 € (dependendo da cantidade de xente)

miércoles, 5 de enero de 2011

Roteiro os Ancares.


Este fim de semana(8 e 9 de janeiro) a Agrupaçom de Montanha Augas Limpas organiza um roteiro polos Ancares. Neste roteiro vai-se ascender dous dos cúmios mais senlheiros o Cuinha (1987m.) e o Mostalhar (1924m). Mais umha oportunidade de conhecer a nossa Terra e de desfrutar da montanha.
Para contactar aguaslimpas@gmail.com

Continua:

Horário: saída desde a Degrada às 9:00hh. Desde Suarbol, às 9:30hh.

Dificuldade: Meia-Alta.

Tempo aproximado: 5 horas (ida e volta).

Durmida: Albergue da Campa da Branha (Degrada). Preço:7€. Há que levar saco-cama.

Comida: Devemos levar almorço, jantar e ceia para os dous dias. No caso de irmos na sexta feira, a ceia desse dia. No albergue há possibilidade de almorçar (3,5€) e cear (12€). Levar umha garrafa de água por pessoa.

Recomendaçons: Devido a estaçom na que estamos é provável que as condiçons atmosféricas sejam adversas. Ë muito recomendável levar polainas porque atoparemos neve, roupa de abrigo, botas de montanha, umha peça de roupa para a chuva e umha muda. No caso de termos o dia com sol, compre levar óculos para o sol e crema solar. É recomendável levar “crampons” para as zonas próximas ao cúmio, onde é possível que haja gelo.

O Domingo 9 temos pensado fazer a ascensom do Mostalhar desde Piornedo. Combinará-se às 9:00 na Degrada ou às 9:30hh em Piornedo.

domingo, 2 de enero de 2011

Bo Ano 2011


Dende as BAF Lugo queremosvos desexar un bo ano 2011 que dende o noso colectivo de seguro chegara cargado de actividades e de loita,sen mais bo ano.

AGORA E SEMPRE Lugo Antifascista.