jueves, 1 de julio de 2010

CONCERTO ANTIFASCISTA EN LUGO


Este sabado 3 de xullo temos concerto na nosa cidade.

miércoles, 30 de junio de 2010

Agresion Fascista en Lugo


Na noite do pasado venres a iso das 5 e media da maña na praza maior de Lugo un coñecido antifascista da nosa cidade, membro de BAF Lugo, foi vítima dunha agresión nazi-fascista por parte de media ducia de individuos.

Outra máis, coma moitas que tristemente se levaron nalgúns casos a vida de moitos compañeiros.

Estes individuos (con acento estranxeiro co cal deducimos que eran de fora) aprobeitaron a celebración do Arde Lucus na nosa cidade para cometer a agresión (iban disfrazados de romanos polo tanto posteriormente sería moi complicada a súa identificación). Cando se atoparon co noso compañeiro (que iba el so de sair de troula dos bares próximos da cidade) un deles se encarou con el ante a resposta do noso compañeiro, pero en canto se deu conta outros 5 se dirixiron cara el e ante a frase de “esto por guarro”,soltáronlle unha coitelada na perna ( 8 centimetros de profundidade) e fixeronlle uns cantos cortes mais tanto no brazo esquerdo de tentarse defender coma na cara preto do ollo tamen esquerdo.

Intres despois foi socorrido por catro viandantes que viron coma o nosso compañeiro tendido no chan desprendía abundante sangue os cales tentaron chamar a policia ante a negativa do noso camarada, mais estes valentes nazi-fascistas marcharon do lugar dos feitos entre sorrisos, mentres o noso compañeiro foi trasladado por 2 compañeiros o centro de saude mais próximo .

Varios antifascistas da cidade Lucense dirixironse a identificar e darlles o seu merecido os agresores sen conseguir atopalos.

Honra, dignidade, valor, igualdade… Son verbas que non significan nada para estes individuos que non merecen o título de persoas e actuan coma ratas de sumidoiro, sempre en un número superior e empuñando armas brancas.

Mentras tanto á prensa local nen se lle viu nen se lle esperou, cando noutros casos moitos menos graves non tardaron en levar o berro ao céu, e iniciar unha campaña escribindo párrafos e párrafos criminalizando ao antifascismo lucense.

Dende BAF Lugo pedimos a solidariedade con este e con tódolos camaradas que sufriron e sufrirán agresións por parte da extrema-dereita e a persecución cara estes elementos fascistoides que dunha vez por todas debemos eliminar das nosas rúas.

AGORA E SEMPRE LUGO ANTIFASCISTA

NINGUNHA AGRESION SEN RESPOSTA

jueves, 24 de junio de 2010

viernes, 18 de junio de 2010

PINCHADA SOLIDARIA

Teremos litros de cervexa 2 €
litros kalimotxo 2 €
latas de cervexa 1 €
Os cartos recaudados destas consumicións, irán par ao noso companñeiro Meixide.Tamen teremos bonos solidarios a 2€

viernes, 11 de junio de 2010

APRAZAMENTO

A pinchada solidaria deste sabado 12 ,queda aprazada para o vindeiro sábado 19 por problemas de saude do compañeiro Manu.
Este sabado 12 haberá festa solidaria igualmente.
Desculpade as molestias
VEMONOS O PROXIMO DIA 19 as 20:00H no CS MADIA LEVA!!

lunes, 7 de junio de 2010

PINCHADA SOLIDARIA

O Sábado 12, as Brigadas Antifascistas de Lugo organizamos umha pinchada ska co Dr. Manu Dj da Corunha. Será a partir das 20h00.
Os quartos recaudados irám destinados a colaborar cos gastos judiciais do companheiro antifascista Rubém Meixide

jueves, 3 de junio de 2010

SABADO 12 PINCHADA SOLIDARIA

O sábado dia 12, teremos pinchada solidaria con Meixide no CS MADIA LEVA!
En breves colgaremos o cartaz