lunes, 9 de mayo de 2011

3as Xornadas Antifascistas Lugo e aniversario...

Nos vindeiros dias cofirmaremos os actos do noso Colectivo para as III Xornadas Antifascistas e o 2º Aniversario ,contaremos de seguro co novo grupo Lugo Sen Descanso que ben dando forte tras o seu terceiro concerto o pasado 30 de Abril.
Estamos a traballar duro pese as complicacions neste novo ano e de seguro teremos boas xornadas de loita e festa na cidade lucense,o dito nos vindeiros dias confirmacion.
Saude.

viernes, 6 de mayo de 2011

Concerto este sabado 7 no CS Vagalume.

Este sabado tocaran no CS Vagalume o grupo de Sarria AS FREBAS a partires das 22:00 horas poderemos contar con este Punk Galego canheiro ,co que de seguro teremos unha boa noite.

miércoles, 4 de mayo de 2011

Concerto No Surrender Gz

Este vindeiro xoves contaremos na nosa vila coa actuacion dos companheiros e amigos No Surrender grupo da Corunha que de seguro nos deixara un bo sabor de boca e unha boa festa animarvos a todos a vir velos a partires das 22:00 h no parquing do Pavillon Universitario de Lugo.

sábado, 30 de abril de 2011

1º de Maio


Dende as BAF Lugo animamosvos a todas as traballadoras lucenses a participaren neste dia pola clase obreira e a deixarlle ben claro os Sindicatos/Partidos que estamos na rua e que seguiremos a loitar polos nosos dereitos coma traballadores.

AVANTE A LOITA DOS TRABALLADORES

lunes, 18 de abril de 2011

Causa Galiza Lugo

Causa Galiza organiza o sábado 30 en Lugo un acto nacional pola revolución de 1846

Dentro das actividades en prol da socialización do dereito de autodeterminación, Causa Galiza presentou está mañá na Galería Sargadelos unha nova cita nacional convocada o día 30 en Lugo, en homenaxe aos 165 anos da revolución galega que abriu o camiño ao soberanismo. O membro da asemblea comarcal de Lugo de Causa Galiza, Xosé Manuel Seixas, lembrou a importancia histórica da cidade de Lugo no levantamento de 1846, desde que no 2 de abril dese ano Miguel Solís proclama a insurrección na Praza Maior ate que mais de 20 días despois o exército español desarma a cidade. Seixas afirmou que fixar esta data no almanaque contribue a “dignificar a nosa historia”.

Olalha Barro, membro da Portavocía de Causa Galiza, analizou o actual contexto de conflito político e as conclusións que Causa Galiza tirou dun proceso de debate que culminou o pasado 19 de marzo coa celebración do seu plenario nacional. Así, Barro sinalou que a organización autodeterminista evidenciou que “a vía estatutaria é unha vía morta” para acadar a soberanía nacional. Ademais, indicou que “temos a responsabilidade de fomentar este debate nas organizacións do nacionalismo”, para o cal consideran unha ferramenta útil o Acordo Democrático Nacional (ADN) presentado en Pontevedra o pasado 18 de decembro. Precisamente, o acto do 30 abril servirá para facer públicas as novas organizacións que secundan este acordo de mínimos autodeterministas.

Borxa Rei, tamén membro da asemblea comarcal de Lugo da Causa Galiza, presentou a totalidade dos actos para esa xornada, que van comezar ás 18:00 no Parque de San Roque e sucederanse polas distintas rúas de Lugo, con intervencións dos historiadores Bernardo Máiz e Bernardo Penabade, recital poético de autores e autoras como Darío Xohán Cabana, Xiana Arias ou Daniel Salgado e a música tradicional da asociación A Volta do Agro. O punto final do roteiro será a Praza Maior, onde se producirá o acto político central coa presenza da Portavocía da Causa Galiza.

Á noite, a celebración vai continuar cunha foliada a partir das 20:00 no Centro Social Mádia Leva! (Rua Amor Meilán) e unha cea de convivencia no mesmo local. E, xa á media noite, porá o punto final un concerto na Sala 982 (Ronda da Muralla), coas actuacións dos grupos Lugo Sen Descanso, Ondas Martenot , Das Kapital, Sacha na Horta e Os Tres Trebóns. A entrada ao concerto terá un prezo de seis euros. Causa Galiza organizará un autobús desde as comarcas de Vigo, Pontevedra e Santiago que volverá despois dos actos programados. Ademais, habilitarase un espazo para durmir.

A convocatoria en memoria da Revolución Galega de 1846, que o ano pasado foi celebrada en Carral, chega este ano a Lugo en consonancia coa decisión de Causa Galiza de levar a reivindicación da soberanía nacional às comarcas galegas, e súmase as convocatorias de 25 de xullo e 6 de decembro nas que a iniciativa autodeterminista ten conseguido unir a todo o movemento soberanista galego.

martes, 12 de abril de 2011

Desaloxan a Casa Das Atochas.



Segundo informaran as próprias implicadas no CMI Galiza (Información das 12 da manhá):

Nengun/ha detid@ polo momento. A concentración frente a rúa Atocha Alta xa rematou, pese a que a zonas das Atochas continúa tomada pola policía espanhola. Hai varias dotacións de UIP nas inmediacións da okupa e outras dúas nos laterais do Campo da Lenha. Axentes de paisano estaban a grabar imaxes do interior do inmóbel, e parece ser, que o edificio vai ser derrubado no día de hoxe.

Convócase á poboación a unha concentración/cacerolada no Obelisco da Corunha esta mesma tarde sobre as 20h, así coma a unha manifestación en repulsa do acontecido hoxe o sábado vindeiro no Campo da Lenha ás 18h.

--------------------------------------
(información das 10h da mañá):
A Policía ten tomada a rúa da Torre no bairro de Monte Alto, desde as 8:00h desta manhá. Un amplo dispositivo policial espertou hoxe ás activistas que se atopaban dentro do espazo social okupado Casa das Atochas. Golpeando as portas, lograron traspasar as entradas do Centro Social, mentres duas persoas subían ao telhado facendo soar bocinas e despregando unha faixa. O desaloxo durou uns 20 minutos, e para levalo a cabo, foi desprazada até a Corunha unha brigada especial da Policía Nacional.

Nestes momentos unha vintena de persoas concéntranse na rúa da Torre, á altura da rúa Atocha Alta, pero os antidisturbios impiden achegarse máis á emblemática okupa corunhesa por calquera das rúas que a rodean. O propietario do edificio, Pérez Paz, atópase dentro do inmoble, con dous operarios, cremos que pretenden tapiar definitivamente o espazo.
------------------------------
Un Saúdo

Dez,cen, mil Centros Sociais