lunes, 16 de agosto de 2010

LUME NUNCA MAIS

Multacar, estafa municipal


Multacar? Novos métodos de adquisición de fondos para as enchedolas municipais, para as risotadas nos plenos e para desperdicialos en obras inútiles e insuficientes para as demandas do pobo. Raro neste "Partido Socialista", raro neste goberno que nega de comunicacións a Lugo co resto de Galiza, que nega a vontade de expresión cidadá nas rúas, que non deixa sequera vivir os seus espazos naturais afogándoos con paleadoras e urbanizacións. Estamos fartos de que don caudillo Orozco se ría das demandas cidadás e atenda ó ocio especulador. No tempo de crise do capital, este non fai máis que afiar as ferramentas de sempre afogando máis se cabe ó pobo, enganando e sabéndose valedora dunha orde que non existe.

Basta xa...

martes, 3 de agosto de 2010

Comandos da Guarda Civil envolvidos em processo contra rede de prostituiçom em Lugo





Um coronel está imputado e declarou num tribunal luguês.

A chamada "Operaçom Carioca" contra umha rede de prostíbulos de Lugo tem entre os imputados vários comandos da Comandáncia da Guarda Civil de Lugo, incluído o coronel José Herrera García-Lora, máximo responsável dessa comandáncia.

O tribunal estará a tentar estabelecer o grau de conhecimento que o coronel tinha sobre o relacionamento existente entre os seus subordinados e os responsáveis dos bordéis pesquisados, os quais contavam com "via livre" para desenvolver as actividades ilegais relacioandas com a prostituiçom na zona.

José Herrera, na altura tenente-coronel e hoje coronel destinado nas Ilhas Canárias, foi responsável pola comandáncia lucense durante algo mais de oito anos e meio. Logo que atingiu o grau de coronel foi destinado às Canárias mas agora tivo que voltar a Lugo para se enfrentar ao seu obscuro passado à frente da Comandáncia de Lugo.

A juíza justificou a imputaçom tendo em conta que Herrera foi chefe dos comandos que se encontram vinculados numha complexa operaçom contra a prostituiçom. Além da imputaçom a Herrera, o brigada da Guarda Civil Armando Lorenzo está já actualmente na prisom de Bonxe; o seu superior, o subtenente Julio Vaquero, figura também como imputado, tal como um comandante, Andrés Velarde, actualmente destinado noutra província, que era o superior dos outros dous guardas.

Segundo divesos meios, a juíza instrutora puxou do fio até chegar ao chefe de todos eles. Algum dos imputados terá sabido, através de um escrito, das supostas irregularidades que se estavam a cometer e assegurou que as tinha comunicado aos seus superiores.

Polos vistos, uma associaçom de cabos e guardas revelou que altos comandos do instituto armado supostamente tentavam dificultar as pesquisas que se desenvolvem no quadro da "Operaçom Carioca".


http://www.diarioliberdade.org

martes, 13 de julio de 2010

o CS MADIA LEVA! foi atacado na noite do domingo 11





comunicado do CS MADIA LEVA:

Na noite do dia 11 o nosso centro social foi atacado, reproducimos o comunicado da nossa associaçom denunciando os feitos:

COVARDES

Esta é a qualificaçom que merecem os autores dos estragos sofridos no nosso local social na noite do 11 de julho, supostamente na celebraçom da vitória da selecçom de Espanha no mundial de futebol.

Efectivamente o espanholismo mais descerebrado, aquele que nom tem outros argumentos que o álcool e a pressom grupal causou graves danos no nosso local social rompendo a porta de entrada, supostamente com garrafas valeiras.

A nocturnidade e o apoio da situaçom de irracionalidade incitada polos médios de comunicaçom provocou que umha suposta celebraçom futebolística se convertisse numha exaltaçom do fascismo espanholista, da galegofóbia e da violência. Dicimos nocturnidade porque está claro que os autores do ataque nom se atreveriam a fazê-lo coa luz do dia e com membros da associaçom dentro, por medo a ter-se que enfrontar depois às consequências. Issa é a forma de fazer naçom dos espanhóis : covardia, mentira e irracionalidade.

Sabemos que espertamos o ódio de todos aqueles que sentem nostalgia da Espanha imperial e a paz dos cemitérios. Mas anunciamos-lhes desde aquí que o seu projecto está fracassado quando depende básicamente de exaltaçons irracionais como a do Mundial de futebol ou a paletada de Eurovisiom. O seu projecto nacional ganha-os co espectáculo e a emoçom, mentras banqueiros, especuladores e empresários pactam despidos livres, rebaixas nas pensons, jubilaçons aos 70, subidas de IVA, menos sanidade, etc. Covardes som também os autores do ataque ao nom querer enfrentar a crua realidade que lhes vai a impor o capital. É covardia fugir dos problemas reais e refugiar-se na emoçom coletiva fabricada por outros.

Desde Madia Leva ! pensamos seguir dando a cara, sem covardias nem amparando-nos na massa irracional, e coa conviçom da luita polos direitos nacionais que a Galiza correspondem como Povo. Direitos que sabemos que nom se sostenhem sobre os espectáculos de massas nem o embrutecimento das emoçons dirigidas desde arriba, senom sobre as convicçons das pessoas e da solidariedade do nosso Povo bom e generoso.


Denantes mort@s que escrav@s !

Viva Galiza ceive !

jueves, 1 de julio de 2010

CONCERTO ANTIFASCISTA EN LUGO


Este sabado 3 de xullo temos concerto na nosa cidade.

miércoles, 30 de junio de 2010

Agresion Fascista en Lugo


Na noite do pasado venres a iso das 5 e media da maña na praza maior de Lugo un coñecido antifascista da nosa cidade, membro de BAF Lugo, foi vítima dunha agresión nazi-fascista por parte de media ducia de individuos.

Outra máis, coma moitas que tristemente se levaron nalgúns casos a vida de moitos compañeiros.

Estes individuos (con acento estranxeiro co cal deducimos que eran de fora) aprobeitaron a celebración do Arde Lucus na nosa cidade para cometer a agresión (iban disfrazados de romanos polo tanto posteriormente sería moi complicada a súa identificación). Cando se atoparon co noso compañeiro (que iba el so de sair de troula dos bares próximos da cidade) un deles se encarou con el ante a resposta do noso compañeiro, pero en canto se deu conta outros 5 se dirixiron cara el e ante a frase de “esto por guarro”,soltáronlle unha coitelada na perna ( 8 centimetros de profundidade) e fixeronlle uns cantos cortes mais tanto no brazo esquerdo de tentarse defender coma na cara preto do ollo tamen esquerdo.

Intres despois foi socorrido por catro viandantes que viron coma o nosso compañeiro tendido no chan desprendía abundante sangue os cales tentaron chamar a policia ante a negativa do noso camarada, mais estes valentes nazi-fascistas marcharon do lugar dos feitos entre sorrisos, mentres o noso compañeiro foi trasladado por 2 compañeiros o centro de saude mais próximo .

Varios antifascistas da cidade Lucense dirixironse a identificar e darlles o seu merecido os agresores sen conseguir atopalos.

Honra, dignidade, valor, igualdade… Son verbas que non significan nada para estes individuos que non merecen o título de persoas e actuan coma ratas de sumidoiro, sempre en un número superior e empuñando armas brancas.

Mentras tanto á prensa local nen se lle viu nen se lle esperou, cando noutros casos moitos menos graves non tardaron en levar o berro ao céu, e iniciar unha campaña escribindo párrafos e párrafos criminalizando ao antifascismo lucense.

Dende BAF Lugo pedimos a solidariedade con este e con tódolos camaradas que sufriron e sufrirán agresións por parte da extrema-dereita e a persecución cara estes elementos fascistoides que dunha vez por todas debemos eliminar das nosas rúas.

AGORA E SEMPRE LUGO ANTIFASCISTA

NINGUNHA AGRESION SEN RESPOSTA

jueves, 24 de junio de 2010