sábado, 13 de junio de 2009

BAF LUGO


Dende a cidade de Lugo e arredores comeza un novo proxecto, unha iniciativa que pretende ser reflexo dun pasado de loita e que se compromete cun futuro de axitación. Non pretendemos ser nin un acrónimo nin unha entidade fastasma, non queremos ser cómplices nin dependentes de ningunha institución. Nós somos comunistas, somos anarquistas, galegos, proletarios, autónomos pero ante todo somos antifascistas, e esa idea é a que nos une nun sentimento de fraternidade co que combater a discriminación racial, e as inxustizas derivadas deste sistema que asasina sen ser xulgado por iso.Sabemos que son moitos os inimigos no caminho, sabemos que a sociedade está educada en valores de opcións fáciles, sabemos que nós sempre vamos ser os 'malos' e que non teremos axuda máis que da nosa propia xente, pero non por iso vamos a consentir que inflúan no noso espírito e nas nosas esperanzas. Nós lugueses e non lugueses, pero si orgullosos da nosa condición pretendemos ser a vozsempre que seja preciso, pretende ser a voz que se levante contra o Fascismo, contra o Sexismo o Racismo e demáis ismos introductores dun caos que pretende asentarse no noso territorio.Cada acto será unha vitoria e iso é algo que debemos ter presente na nosa intención de luita e denuncia. Despois de deixar claro todo isto só nos queda reafirmar o noso compromiso na defensa do expresado, uns nobles ideiais que de ningún xeito deixaremos que sexan encarcerados nin torturados polos amigos do capital e os inimgos da liberdade.Namentras sigamos padecendo a pasividade institucional coa calanha fascista e os nosos teñan que seguir tortura e dispersión nós reclaremos o noso futuro fronte a realidade allea que nos tentaran impor pero que non conseguiran.Sen máis quedades convidados a calquera dos actos que poidamos levar a cabo.Por iso e moito máis

VIVA LUGO ANTIFASCISTA!

AVANTE AS BAF LUGO!

viernes, 24 de abril de 2009

martes, 21 de abril de 2009

Xornada Antifascistas


Como publicabamos nun post anterior, xs antifascistas de Lugo vamos a realizar unha xornada este vindeiro 2 de Maio, como resposta á posible celebración dun concerto de corte fascista preto da nosa cidade, para máis información é preciso ollar nun post anterior o cartaz onde aparece publicitado o susodito concerto. A información foi colada en certas partes da nosa cidade, dex eito estratéxico preto de onde parte da militancia antifascista ten a súa residencia. Non sabemos cal é a intención verdadeira desta iniciativa, pero dende logo os organizadores desta cita conseguiron que o movemento lugues de resposta social tomara cartas no asunto. É por iso que realizamos esta xornada cos medios que temos ó noso alcance, debemos ser realistas pero á vez sonhadores cun proxecto que bota a andar con máis forzas que nunca.

A continuación voltamos por o cartaz das Xornadas adxuntando o da Concentración, completando a información ó respecto:


As xornadas comezaran a partires das 17:30 así que quen queira poderá pasarse a partir desa hora polo C.S Madia Leva. Lembrade que está situado na Rúa Amor Meilán (Antiga Rúa do Sol) no entrechán do nº18.

PROGRAMA:

-Charla-Coloquio: "O Antifascismo en Lugo: Presente, pasado e futuro dunha loita social"


Intervirán:

*Membro do CAOP (Colectivo Antifascista O Piloto)[Antigo colectivo antifascista lugués]
*Membro de BAF Lugo

Logo haberá un coloquio sobre as diferentes cuestións que se poidan tratar durante as ponhencias.

- Proxección do Documentario:
"Carlos un ano sen ti, un ano contigo"

Documentario de pouco máis dunha hora que narra as accións en lembranza de Carlos Palomino, companheiro antifascista asasinado por un elemento militar de Democracia Nacional. Así mesmo proxectaránse algún que outro pequeno documento realacionado co mesmo tema.

- Pinchada de música

A cargo dalgún dos nosos companheiros poráse música de diferentes estilos para amenizar un pedazo. Isto terá lugar no propio centro social onde tamén haberá bebida e pestiscos para os asistentes.


-CONCENTRACIÓN ANTIFASCISTA 20:30 PRAZA DO CAMPO

O punto final das xornadas será unha concentración a que están chamados tódolos secotres da poboación luguesa, que son conscientes da ameaza que constitúe o fascismo para a nosa propia cidade, para demostrar así a unidade e forza de acción que posúe o movemento antifascista en Lugo.




Texto do cartaz:


O sábado 2 de Maio un grupúsculo fascista de dubidosa existencia chamado “Batallon Lucense” pretende levar a cabo un concerto ás aforas de Lugo. Para iso pretende contar coa presenza de grupos como Dramattic Battle, Guarda da Ferra e Invictos. Estes amosan unha clara apoloxía ó fascismo, á xenofobia e ó racismo en gran parte das súas letras, e os seus concertos son usados como punto de partida para actos violentos que logo se producen nas propias ciudades dos concertos. Estes núcleos extremistas usan calquera excusa para sair á rúa ou para organizar este tipo de eventos xa que se atopan amparados pola lei e polas institucións estatais que fan caso omiso das denuncias que os antifascistas fan cada vez que isto pasa. Dende aquí chamamos á tódolos veciños e habitantes de Lugo que acudan á concentración para denunciar activamente o noso rexeitamento fronte este tipo de actos retrogrados e humillantes para todas aquelas familias que perderon a algún
membro, vítima do fascismo.




TODOS Á RÚA CONTRA O FASCISMO!
NON PASARÁN!

sábado, 4 de abril de 2009

Basta Xa de Represion Policial!

Imaxe da detencion dun dos companheiros





Na entrada anterior explicábamos como catro companheiros foran retidos e detidos este domingo no estadio da nosa cidade cando se tentaban respostar ás provocacións e agresións verquidas por membros da afección rival, do grupo ultra de corte espanholista Frente Norte.

A actuación e o despregue pseudomilitar que organizaron as forzas de seguridade fixo que os medios se fixeran eco do feito, reinterpretando os acontecementos do mellor xeito que saben, fiándose de versións oficialistas e manipulando punto por punto a realidade evidente.

Dende as élites xudiciais co fin de establecer unha represión efectiva sobre os catro afeizoados deicidiuse tomar unha sanción desmesurada e inapropiada que de seguro non aplicarían se foran outros os sancionados. O Estado e a súa maquinaria autoritaria sempre tentan levar a cabo as súas medidas contra aqueles que tenhen menos posibilidade para defenderse. Así o Comité Antiviolencia, institución hipócrita e partidista, dispuxo que os catro sancionados non poidan volver a entrar a animar o seu equipo e así mesmo impúxolles multas das que aínda está por determinar a cuantía total, estas sitúanse ó redor dos 3000 € e mailo impedimento de entrar ó estadio durante 6 meses.

Agora dende aquí preguntámonos porque a nós si e ó resto non, porque se sigue aplicando as medidas ós mesmos mentres ós outros campan as súas anchas polos terreos de xogo amosando emblemas fascistas e entoando cantos racistas como sucede cada domingo en moitos lugares do Estado Espanhol, onde está aí a Comisión Antiviolencia? onde está aí a Comisión contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte? Que quere dicir para este último todas esas palabras que aparecen no seu nome?

Dende aquí só queda amosar a nosa firme condea perante estes feitos, e mobilizar á toda a sociedade antifascista a que denuncie o radicalismo das forzas policiais e que non abandoe a loita, tan só dese xeito calquera agresión poderá ter unha firme resposta.

FÓRA AS FORZAS DE OPRESIÓN!
SOLIDARIEDADE COS SANCIONADOS!

martes, 31 de marzo de 2009

A.C.A.B


Perante as detencións sufridas polos companheiros, BAF Lugo quere amosar a súa máis firme condena contra este abuso sufrido por parte das Forzas de choque do Estado Espanhol.

Asemade denunciamos a manipulación mediática á que de novo foron expostos os detidos que son tratados como "radicais" para encher ocos nos espazos deportivos destinados ó anecdotario correspodente. Observamos como a Policia actúa de novo con co dobre raseiro segundo sexan as persoas diante das que se atopan, sobre as que exercen un control sistemático durante os partidos como vimos observando nos últimos tempos. Mentres catros dos nosos eran conducidos a dependencias policiais sen que os susoditos efectivos se identificaran ante as persoas detidas, pola outra banda membros do grupo ultra espanholista Frente Norte conseguiron sair impunes das súas provocacións como adoita pasar con todo este tipo de grupos.

Dende aquí pedimos que as forzas de seguridade como se fan en chamar abandoen as nosas gradas, non precisamos cans gardiáns que mantenhan unha orde mediada coa forza das porras, non queremos que destrozen o ambente de compromiso e amor a unhas cores que representa Brigadas Lucenses, estamos fartos de imposicións e vixilancia policial, eses mesmos que son servos do poder e das institucións que practican o exercicio da súa propia democracia censurando e facendo gala dun fascismo latente sobre todos aqueles que desafiamos a orde estricta que nos imponhen.

O que comezara como unha xornada de futbol e diversión, así mesmo de confraternización con algún seguidor da Ponferradina desprazado até Lugo cos que se estivo até a hora do partido , tivo un fin indesexado. Así dende aquí dar o noso apoio incondicional ás dúas rapaces e dous rapaces detidos, e animámolos a continuar coa loita da que son represantes directos.
Solidaridade cos detidos! Non pasarán! STOP AGRESIÓNS POLICIAIS!

sábado, 28 de marzo de 2009

Concentracion AntiCapitalista

Nace a Rede Anticapitalista Galega (Ra!) para transformar un sistema que está a esmagar a humanidade e o planeta

Diversos colectivos galegos e persoas a titulo individual únense para respostar a unha crise sistémica e dar alternativas de transformación dende unha óptica galega. O 28 de marzo terá lugar a presentación da Ra! en actos descentralizados por Galiza e nun acto central en Compostela (Praza do Toural, ás 12:00 horas) que resposta tamén ao cumio do G20 en Londres

En Lugo: Sábado, 28 de Marzo, ás 11:30 na Praza Maior. Realizarase unha concentración- teatralización na que se repartirá información sobre a RA!

O mundo enteiro está en crise, unha crise de dimensións múltiples. As solucións que impoñen dende o poder –máis libre comercio, cartos públicos para rescatar os bancos, o sector automobilístico e inmobiliario, máis oligopolios, máis transxénicos, etc.– tratan de agachar que a crise é produto do sistema capitalista, que só afondará os seus impactos sobre os pobos, as persoas e sobre o conxunto do planeta.

Para respostar a está situación no noso país nace a Rede Galega Anticapitalista, a Ra!, que este 28 de marzo, coincidindo coas mobilizacións globais contra o cume do G20 en Londres, fará a súa presentación pública en Compostela (Praza do Toural, ás 12:00 horas) e noutros lugares do páis. Para os colectivos da Ra! “A esquerda institucionalizada abandonou hai tempo os programas de transformación social. Somos os movementos sociais quen temos que reaxir diante da incertidume”.

A RA! manifesta deste xeito a súa diposición a artellarse con outras mobilizacións globais, como a que terá lugar ese mesmo día en contra da xuntanza do G-20 en Londres, baixo o lema, “Decídelle ao G-20 que primeiro é a xente”. O 17 de abril, Día Internacional da Loita Labrega e pola Soberanía Alimentar dos Pobos, desenvolveránse novas protestas orientadas a concienciar e informar á cidadanía e a presionar aos poderes políticos para que emprendan cambios reais. Este sistema non nos vale.

Quen forma a RA!
A RA! agromou en decembro de 2008 axudada polas reflexións do Foro Social Galego. Están integrados os seguintes colectivos: Altermundo, Amarante, A Baiuca Vermelha, Cemma, CGT-Pontevedra, CGT-Arousa, CIG-Servizos, Enxeñeiros Sen Fronteiras, A Gentalha do Pichel, Implicadas no Desenvolvemento, Médicos do Mundo, Marcha Mundial das Mulleres, Ospaaal, Foro de Inmigración, Panxea, Ais O Peto, Sindicato Labrego Galego, Sinerxia, Verdegaia, Véspera de Nada, Veterinarios sen Fronteiras, Whipala e A.C. Xermolos.

+INFORMACIÓN: A páxina web da Ra! está en proceso de creación. Para integrarse na rede abonda por agora enviar unha petición á listaxe: redeanticapitalista@altermundo.eu

miércoles, 25 de marzo de 2009

Asemblea Constituinte

Ó redor das 21:00, tal e como se quedara, daba comezo a xuntanza que tiñamos previsto convocar para por a andar do xeito máis ilusionante posible o novo proxecto unitario do antifascismo lugués. Á esta primeira convocatoria respostou un número consecuente de lugueses e non lugueses que amosaron coa súa asistencia o compromiso que parte da sociedade da nosa cidade ten ó redor das ideas que defendemos.

A asemblea transcurriu en termos xerais sen dificultade algunha sendo comandada por dous membros da recén constituída BAF Lugo. Estas dúas persoas abordaron os diferentes puntos que estaban previstos chegando a un consenso unánime en diferentes ámbitos organizativos, culminando a reunión con varias actividades formuladas, das que agardamos ter unha realizacións nas próximas semanas.

O clima da asemblea transcurriu nun ambiente de confraternidade onde cada un aportou as súas ideas para establecer así de xeito colectivo os caminhos de actuación a seguir.

Sen máis, agradecervos a todos vós o apoio e a asistencia e convidarmos a próximas asembleas abertas que poidamos levar a cabo nas próximas semanas ou meses, dende aquí estamos satisfeitos de esta nova andaina e esperamos un longo caminho de actividades e convocatorias que dinamicen a presenza do movemento antifascista na rúa.